Conquista e colonización de América

Cards (11)

  • Despois do descubrimento de América en 1492 comeza unha longa fase de exploración e conquista coa intención de incorporar as terras do novo mundo ao control da Monarquía Hispánica e o obxectivo fundamental de obter beneficios económicos dos seus recursos, tanto naturais como humanos.
  • A conquista organizase de xeito privado, a través de acordos aos que os conquistadores chegaban cos monarcas. Estes acordos, chamados capitulacións, consistían en que os conquistadores obtiñan riquezas e cargos políticos a cambio de que puxeran o novo territorio baixo autoridade da Coroa e que lle entregaran un quinto da riqueza, o denominado quinto real. Entre os máis destacados conquistadores temos a Hernán Cortés que someteu ao Imperio azteca, na zona do actual México, e Francisco Pizarro que acabou co Imperio inca na zona andina do actual Perú principalmente
  • A partir de aí os españois iniciaron un intenso período de colonización onde trataron de poboar o territorio e artellalo mediante a fundación de numerosas cidades. Esta conquista foi posible grazas a superioridade tecnolóxica dos españois, á división interna dos grandes imperios precolombinos e, sobre todo, ao brutal impacto das enfermidades euroasiáticas (varíola ou gripe principalmente) nas poboacións indíxenas americanas.
  • Ao redor dun 90% da poboación pereceu a causa principalmente dos xermes durante a conquista e a colonización. Gran parte dos indios desapareceron, sobre todo nas illas do Caribe e nas zonas costeiras, e o descenso da poboación indíxena continuou ao longo dos séculos XVI e XVII.
  • Como forza de traballo empregouse o sistema da encomenda. Os conquistadores obtiñan un número determinado de indíxenas por parte da Coroa a cambio de protección e de evanxelizalos. Como retribución por isto os indios debían traballar para os conquistadores a cambio de salarios moi pequenos.
  • Un destes sistemas máis famosos foi o da mita mineira, onde os indíxenas das grandes minas de prata como Potosí (a maior de todas) ou zacatecas traballaban case como escravos. Outro dos sistemas de explotación era a importación de escravos negros (comercio triangular) sendo este un dos grandes negocios na Idade Moderna.
  • O comercio colonial baseouse no envío de produtos manufacturados e alimenticios e o retorno de produtos coloniais e, sobre todo, metais preciosos. O ouro e a prata constituían o 90 % do valor total das mercadorías (minas de Zacatecas e Guanaxuato en México e de Potosí en Perú); as cantidades obtidas foron crecendo ao longo do século XVI ata alcanzar o seu cume en 1630, para despois seguir unha tendencia en declive.
  • A cantidade de prata extraída de América provocou na península un proceso de inflación tal, que se coñece como a revolución dos prezos. A prata americana foi clave na financiación das guerras europeas da Monarquía Hispánica
  • Para administración das novas terras, denominada As Indias, que pertencían á Coroa de Castela, se crearon institucións e leis concretas. Para o seu goberno se crearon o Consello de Indias e para centralizar e regular o monopolio comercial a Casa de Contratación. Pola súa parte en América tamén se formaron institucións como as Gobernacións, Audiencias e Vicerreinados.
  • Creouse toda unha lexislación propia para América (civil, política, social e económica) que se compilou nas chamadas Leis de Indias (fundamentalmente as Leis de Burgos de 1512 e as Leis Novas de 1542).
  • A colonización trouxo consigo melloras técnicas para as poboacións americanas, podemos afirmar que as relacións foron brutalmente asimétricas. A metrópole obtiña grandes beneficios económicos das colonias, administrados por poboación de orixe español principalmente (os crioulos) e os indíxenas e os escravos eran explotados salvaxemente, sendo un dos maiores xenocidios da Historia da humanidade.