Monarquía de Amadeo I

Cards (7)

  • Amadeo de Saboia aceptou a Coroa e xurou a Constitución o 2 de xaneiro de 1871. Contou cun escaso apoio entre a poboación española: non o querían nin a aristocracia (consideraban que era un estranxeiro advenedizo), nin a Igrexa (admitía a liberdade de culto), nin o pobo en xeral, e contou co rexeitamento constante dos republicanos, os carlistas e os afonsinos (partidarios de que o novo rei fora Afonso, fillo de Isabel II).
  • O asasinato do xeneral Prim, xefe progresista, a finais de 1870 iniciou unha época de inestabilidade política que marcou o reinado de Amadeo. Tivo que facer fronte a numerosos problemas(4):
    • Dificultades de goberno pola ruptura da coalición formada por unionistas, progresistas e demócratas e polas tensións entre os seus líderes. Amadeo viviu un continuo bloqueo parlamentario.
    • Inicio da guerra de Cuba no 1868,7 na que se mesturaron críticas á dominación política española, desexos de abolición da escravitude e o afán independentista. Durou 10 anos.
    • A III Guerra Carlista, iniciada en 1872, con gran apoio en Navarra e as provincias vascas. Non rematou ata 1876.
    • A oposición republicana tentou por todos os medios conseguir apoio popular para acabar coa monarquía.
  • Ante todas estas dificultades, e sen poder formar un goberno forte para resolver os problemas do estado, Amadeo I abdicou o 11 de febreiro de 1873.