Rexencia de Espartero

Cards (3)

  • O xeneral Espartero4 , líder do partido progresista, convertiuse en rexente despois do exilio de Mª Cristina. Nun primeiro momento, contaba cun gran respaldo popular pola vitoria contra os carlistas. Non obstante, o seu autoritarismo acabou provocando oposición entre os moderados e as masas, afectadas polas súas decisións de goberno.
  • Entre as súas medidas destacou o intento de resolver o problema foral navarro e vasco. Para isto, no 1841 publicouse a chamada Lei paccionada, pola cal Navarra podía conservar parte das súas particularidades forais a cambio dun cupo económico. As concesións dadas a Navarra significaron a renuncia ao principio revolucionario liberal da unidade lexislativa do Estado, pois admitía a existencia de réximes específicos e diferentes ao común. Tamén no 1844 no País Vasco.
  • A oposición política, o descontento popular e a súa política represiva debilitaron a Espartero. A mediados de 1843, a unión de moderados e progresistas provocou o triunfo de diversos pronunciamentos por todo o país, que obrigaron a Espartero a renunciar e exiliarse en Londres. O novo goberno, formado por moderados e progresistas, estivo liderado polo xeneral Narváez, moderado. A súa primeira medida foi o adianto da maioría de idade de Isabel II, que contaba con 13 anos.