Oposición ao liberalismo

Cards (3)

  • O tradicionalismo é unha corrente ideolóxica reaccionaria, ultraconservadora e antiliberal, na que podemos englobar a todos aqueles que defenden a permanencia dos valores políticos, sociais e relixiosos propios do Antigo Réxime.
  • En esencia defenden a monarquía patriarcal, o mantemento das leis tradicionais, a vixencia do catolicismo e dos dereitos da Igrexa por riba dos dereitos individuais e políticos, sociedade estamental, etc.
  • O principal defensor destas ideas foi o carlismo. Xunto con esta defensa dos valores tradicionais engadía o recoñecemento dos privilexios tradicionais de vascos, navarros e cataláns (gañar apoios á causa dinástica) e o dereito a reinar do infante Carlos de Borbón, irmán de Fernando VII. A defensa do seu obxectivo deu lugar ao desenvolvemento de tres guerras: Guerra Carlista (1833- 1840), Guerra Carlista (1846- 1849) e Guerra Carlista (1872- 1876).