Cards (6)

  • Despois de presentarse aos españois como un rei constitucional e liberal no Manifesto de Sandhurst e do triunfo do pronunciamento de Martínez Campos, o primoxénito de Isabel II entrou en España en xaneiro de 1875 convertido xa no rei Afonso XII.
  • Ao seu regreso, Afonso XII nomeu a Cánovas del Castillo presidente do goberno. Poñendo en marcha o sistema que el mesmo deseñara, Cánovas convocou eleccións a Cortes Constituíntes segundo a lei electoral vixente no Sexenio Democrático, que recoñecía o sufraxio universal masculino. Grazas ao fraude, estas eleccións foron amplamente gañadas polo seu partido. Estas novas Cortes, de maioría conservadora, elaboraron a Constitución de 1876, na que se establecía o modelo político da Restauración.
  • En paralelo á elaboración da Constitución, goberno e exército dirixiron novas ofensivas para rematar cos conflitos bélicos que estaba a vivir España(2):
    • No 1876 rematou a III Guerra Carlista. A nova derrota do carlismo permitiu ao goberno abolir os privilexios das provincias vascas, que quedaron sometidas ao sistema común.
    • Na guerra de Cuba, os reforzos enviados lograron frear aos insurrectos. A vitoria, liderada por Martínez Campos, quedou recollida na Paz de Zanjón (1878), na que España se comprometía a realizar reformas administrativas e políticas en beneficio da colonia. As tensións non desapareceron, a pesar da progresiva abolición da escravitude entre 1880-1886.
  • A fin de ambos conflitos deulle a Afonso XII o alcume de “O pacificador”.