A explotación vinícola española foi masiva cando a plaga da filoxera atacou as viñas francesas a partir de 1863. Por outra banda, a gandaría entra nun proceso crítico durante esta centuria, que comeza coa abolición dos privilexios da Mesta polas Cortes de Cádiz. Así mesmo, a expansión dos cultivos fixo que quebrara o equilibrio agricultura- gandaría, moi afectada pola desamortización. A ovella meiriña castelá perdeu calidade, sendo substituída no mercado mundial pola ovella anglosaxona.