1. Proclamación da República

Subdecks (2)

Cards (17)

  • Incluso antes de coñecerse os resultados oficiais das eleccións municipais convocadas polo goberno de Aznar para o domingo 12 de abril de 1931, o día 14 proclamábase a República en diversas cidades e vilas españolas. O primeiro concello en facelo foi Eibar (Guipúzcoa) e a noticia difundiuse con rapidez por toda España, grazas ao teléfono.
  • En Barcelona, os líderes de Esquerra Republicana de Cataluña (ERC) proclaman a República catalana e o Estado catalán dentro da Federación Ibérica, e invitaba ás demais rexións españolas a unirse. En Madrid, as autoridades monárquicas actúan con sorpresa e pasividade, polo que o comité republicano-socialista se fixo co poder municipal de xeito ordenado. Ante estes acontecementos, aconsellado polos seus ministros e os militares, o rei partiu para o exilio.