Goberno provisional

Cards (4)

  • Na noite do mesmo día 14 de abril, os republicanos asumen o Goberno provisional e comezan a actuar: nomean a Niceto Alcalá-Zamora presidente do goberno, decretan a amnistía xeral proclaman as liberdades públicas e sindicais e comezan a elaborar as liñas do que serán as grandes reformas.
  • O primeiro problema xorde en Cataluña, causado pola proclamación da república federal e o Estado catalán feita por ERC. Tras unha negociación, o día 17 acórdase elaborar un programa que acelerase a autonomía catalana e o autogoberno. Para isto, as forzas políticas catalanas debían elaborar un estatuto, aprobado en referendo polo pobo catalán e ratificado polas Cortes. A II República recoñecía, desde a súa proclamación, o dereito de autonomía das rexións españolas.
  • No Goberno provisional estaban presentes o Partido Republicano Radical, Acción Repúblicana, PSOE, ERC e ORGA (integrado polas organizacións que en 1930 uniran as súas forzas no Pacto de San Sebastián). O seu primeiro decreto foi a convocatoria a Cortes Constituíntes para xuño. Considerados de extrema urxencia, tamén poñen en marcha os proxectos de reforma agraria, reforma do exército e reforma territorial.
  • As eleccións celebradas en xuño deron o triunfo á alianza republicano-socialista, polo que o goberno non se modificou.