Definiciones

Cards (51)

    • Converso: persoa que adopta unha crenza relixiosa diferente á que profesaba con anterioridade. Nos séculos XV e XVI aplicouse para os xudeos que se convertían ao cristianismo. O aumento de conversos aumentou a intolerancia e o odio popular contra eles.
    • Gran Armada: flota creada por Felipe II, no 1588, para destronar á raiña Isabel I; a flota debía sair de Lisboa, parar na Coruña e arribar no Canal da Mancha para recoller aos terzos de Flandes, pero debido aos constantes ataques, rodearon as illas británicas, naufragando a metade dos barcos.
    • Mourisco: poboación musulmá dos reinos cristianos que se converteu ao cristianismo para poder permanecer nestes territorios; eran rexeitados pola poboación, os consideraban falsos cristiáns, foron vixiados e perseguidos, o que provocou a súa sublevación.
    • Terzos: unidade militar de infantería formada por soldados profesionais de élite, que loitaban combinando armas brancas e de fogo; foron creados polos RRCC pero alcanzaron a fama cos reis da dinastía Habsburgo.
    • Unión de Armas: proxecto político do conde-duque de Olivares, que propuñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos da Monarquía Hispánica; tiña como obxectivo unificar políticamente os territorios e crear unha estrutura centralizada máis fácil de gobernar.
    • Valido: persoa de máxima confianza do rei, nas que o monarca delegaba a dirección do reino, non é un cargo oficial, pero servían ao rei mentres mantiñan a súa confianza, están asociados ao reinado dos austrias menores.
    • Xuntas do Reino de Galicia: institución creada no XVI que actuaba como portavoz das 7 provincias galegas e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia. Estaban formadas por delegados municipais, defendían os intereses das élites urbanas. Non tiñan funcións de goberno, eran un organismo intermediario entre Galicia e a Coroa.
    • Mesta: reunión dos donos dos gandos maiores e menores, que coidaban da súa crianza e pasto, e vendían para o común abastecemento. Este término foi creado por Alfonso X en 1273.
    • Antigo Réxime: concepto acuñado polos revolucionarios franceses para facer referencia ao sistema político, económico e social propio de Europa durante a Idade Moderna. Caracterizábase por ter unha economía de base agraria, na que pervivían estruturas feudais, unha sociedade estamental, baseada nos privilexios dunha minoría, e un sistema político baseado na monarquía absoluta. Estas características foron mudando como consecuencia dos cambios introducidos pola Revolución Francesa.
    • Catastro da Ensenada: primeiro censo moderno do reino de Castela, elaborado entre 1750 e 1753 polo marqués da Ensenada, secretario do rei Fernando VI. Rexistrou a poboación e propiedades dos veciños deste reino, co obxectivo de reformar a facenda real e establecer unha contribución única sobre o patrimonio, que substituíra as rendas tradicionais. Buscábase controlar a todos os súbditos. Non se aplicou polo rexeitamento da nobreza.
    • Decretos de Nova Planta: conxunto de decretos promulgados polo rei Felipe V entre 1707 e 1716. O obxectivo era impoñer a organización político-administrativa de Castela nos territorios da Coroa de Aragón, polo que se eliminarían os seus privilexios, leis e institucións. O motivo da aplicación destes decretos recae na rebelión destes territorios durante a Guerra de Sucesión. Esta lexislación permitiu a implantación dun modelo de estado centralizado.
    • Despotismo Ilustrado: sistema político propio da segunda metade do XVIII, que pretendía ser unha síntese entre o absolutismo e as ideas da Ilustración. os monarcas europeos empregaban o seu poder para desenvolver reformas destinadas a racionalizar a administración, desenvolver a economía e a educación, pero sen alterar as bases sociais (estamentos) e políticas (absolutismo) propias do Antigo Réxime. O seu lema foi “todo para o pobo, pero sen o pobo”, e o seu máximo expoñente en España foi o rei Carlos III.
    • Motín de Esquilache: levantamento popular sucedido en Madrid no 1766, durante o reinado de Carlos III. Foi froito da oposición ás medidas impulsadas polo ministro italiano Esquilache. Nun contexto de malestar, algúns grupos privilexiados aproveitaron a situación para provocar a caída de Esquilache e o inicio dunha nova política reformista.
    • Paz de Utrecht: conxunto de tratados de paz asinados no 1713 que poñen fin á Guerra de Sucesión española, na que se enfrontan as casas de Borbón e Habsburgo e os seus respectivos aliados. A firma desta paz supuxo o recoñecemento de Felipe V de Borbón como rei, pero renunciando aos seus dereitos ao trono francés. Implicou perdas territoriais e económicas, convertendo a Inglaterra no gran beneficiado.
    • Regalismo borbónico: política de control e limitación do poder da Igrexa desenvolvida polos Borbóns no século XVIII, no marco de potenciación do absolutismo real. Esta teoría afirmaba a superioridade da autoridade dos reis fronte á da Igrexa do territorio no que reinaban, polo que se impuxeron medidas destinadas a controlar o poder eclesiástico. A máis radical foi a expulsión dos xesuítas no 1767, durante o reinado de Carlos III, pola súa obediencia ao papa e usando como pretexto a súa participación no motín de Esquilache.
    • Abdicacións de Baiona: nome polo que se coñecen as sucesivas renuncias ao trono de España que tiveron lugar a comezos de maio de 1808. Primeiro Fernando VII, rei desde o motín de Aranxuez, devolve a coroa ao seu pai Carlos IV. En segundo lugar, este último cede a coroa a Napoleón Bonaparte. Finalmente, Napoleón nomeou rei de España ao seu irmán, Xosé I Bonaparte. A cambio, Carlos IV e Fernando VII recibiron privilexios, propiedades e rendas en Francia.
    • Afrancesados: españois partidarios do reinado de Xosé I Bonaparte (1808 - 1814) e da Constitución de Baiona. Debido a súa colaboración co poder francés, foron combatidos tanto por liberais como por absolutistas. Eran un grupo reducido formado por aristócratas e membros das élites políticas e socioculturais do país. O termo foi acuñado polos “patriotas”, para resaltar o seu papel colaboracionista cos invasores.
    • Manifesto dos Persas: documento asinado o 12 de abril de 1814, en Valencia, por un grupo de 69 deputados absolutistas. Toma o seu nome da referencia que recolle no primeiro punto: unha antiga costume dos persas de pasar un período de anarquía tras a morte do rei, que os absolutistas comparan co liberalismo gaditano. Neste documento defenden a plena soberanía do rei. Foi a base para a restauración do absolutismo de Fernando VII.
    • Pragmática Sanción de 1830: lei publicada por Fernando VII para anular a Lei Sálica de Felipe V (1700), segundo a cal a muller non podería optar á sucesión no trono. O obxectivo de Fernando VII era posibilitar que a súa filla Isabel puidera ser Raíña de España. A súa publicación provocou a división entre carlistas (absolutistas) e isabelinos (liberais).
    • Pronunciamento: levantamento de parte do exército, que se pronuncia coas armas contra o goberno establecido co obxectivo de provocar un cambio no sistema político. O líder militar sublevado recibe o nome de espadón, quen adoita dirixir un manifesto á nación no que xustifica as súas actuacións e expón os seus obxectivos. Foi unha práctica frecuente, cun papel decisivo na evolución do réxime político liberal
    • Sufraxio censatario: o sufraxio é o dereito político e constitucional a votar para escoller aos representantes políticos. O sufraxio censatario, tamén chamado restrinxido, é aquel no que só poden votar as persoas que aparecen nunha lista ou nun censo.
    • Sufraxio universal: sufraxio no que teñen dereito ao voto todas as persoas maiores de idade dun país ou estado, independentemente do seu sexo, posición económica ou condición social.
    • Tratado de Valençay: acordo firmado en decembro de 1813 no castelo de Valençay, polo cal Napoleón ofrecía a paz a España e recoñecía a Fernando VII como rei. Foi consecuencia directa das sucesivas derrotas bélicas e do deterioro progresivo do exército francés, minado polos ataques hispano-británicos e polas guerrillas. Supuxo a fin das hostilidades e a restauración de Fernando VII no trono, dando por concluída a Guerra da Independencia.
    • Cantonalismo: ideoloxía política de carácter republicano que defendía a creación dun Estado federal, composto por unidades territoriais soberanas (cantóns). Tivo auxe durante a I República Española (1873-1874), cando os seus partidarios protagonizaron revoltas cantonalistas en Andalucía e no Levante.
    • Desamortización: proceso legal que puxo en venda, mediante unha poxa pública, os bens pertencentes a diversas institucións que tiñan prohibida a venda dos seus bens raíces. Foi desenvolvida na España do XIX, durante os gobernos progresistas e lideradas por Mendizábal (1835), Espartero (1840) e Madoz (1855). Os seus obxectivos eran obter ingresos para a facenda real, ampliar a produtividade da agricultura, reformar a estrutura da propiedade da terra e crear unha nova clase de campesiños propietarios que apoiarían ao réxime liberal.
    • Estatuto Real: nome que recibe o decreto de 1834 polo que a raíña rexente Cristina de Borbón convocaba as Cortes do reino de España e co que pretendía realizar concesións políticas aos liberais. Trátase dunha carta outorgada, na que a Coroa renuncia ao poder absoluto e permite unha certa ampliación da participación política, en beneficio dos grandes propietarios.
    • Manifesto de Sandhurst: documento elaborado polo político conservador Antonio Cánovas del Castillo e asinado, en decembro de 1874, por Afonso de Borbón, fillo e herdeiro de Isabel II, na academia militar inglesa de Sandhurst, onde se estaba formando. Nel, o futuro rei indicaba a necesidade de restaurar a monarquía, presentándose como un monarca constitucional e respectuoso co sistema liberal.
    • Unión Liberal: partido político de carácter liberal, fundado polo xeneral Leopoldo O’Donell. Era un partido de centro, sen unha ideoloxía política definida, que tiña como obxectivo dar estabilidade ao réxime isabelino. Gobernaron entre 1858-1863 e 1865-1866, destacando as campañas de prestixio militar que desenvolveron no exterior.
    • Caciquismo: práctica política que controlaba as eleccións, á marxe das leis escritas, grazas á figura do cacique. Para isto, valíase do seu poder económico, clase social ou influencias. Este sistema foi implantado de forma xeneralizada no ámbito rural e posibilitou a fraude electoral masiva, pois manipulaba os resultados electorais dacordo cos intereses das autoridades.
    • Encasillado: tamén chamado “encadramento”. Proceso polo que o ministro de Gobernación elaboraba a lista de candidatos que debían ser escollidos en cada distrito, colocando nas cuadrículas correspondentes os nomes dos candidatos ministeriais e da oposición. Este sistema implicaba complexas negociacións entre os representantes do goberno e as forzas políticas da oposición.
    • Manifesto de Sandhurst: documento elaborado polo político conservador Antonio Cánovas del Castillo e asinado, en decembro de 1874, por Afonso de Borbón, fillo e herdeiro de Isabel II, na academia militar inglesa de Sandhurst. Nel, o futuro rei indicaba a necesidade de restaurar a monarquía, presentándose como un monarca constitucional e respectuoso co sistema liberal, defensor da orde social e da relixión católica.
    • Pucheirazo: manipulación dos resultados electorais, cambiando e amañando as cifras de votos recibidos para gañar as eleccións. Consistía na substitución dos votos no pucheiro (urna electoral) por outros favorables ao candidato que tiña que saír elixidos, aínda que tamén se podía modificar a acta do reconto de votos.
    • Rexeneracionismo: Corrente intelectual, política e literaria, se propuxo renovar e modernizar a vida política e económica do país. Xurdiu a partir do desastre de 1898 e o seu principal representante foi o aragonés Joaquín Costa que propugnaba acabar co caciquismo, reducir a pobreza e fomentar a educación.
    • Sistema de quenda: mecanismo de alternancia pacífica no poder vixente durante a Restauración borbónica. Baseábase no mutuo acordo entre os dous partidos dinásticos, Conservador e Liberal, que aceptaban a súa quenda para gobernar. A consolidación deste sistema de alternancia pacífica tivo lugar no 1885, coa sinatura do Pacto do Pardo, cando Cánovas e Sagasta acordaron alternarse no poder para asegurar a supervivencia da monarquía.
    • Desamortización: proceso legal que puxo en venda, mediante unha poxa pública, os bens pertencentes a diversas institucións que tiñan prohibida a venda dos seus bens raíces: a Igrexa (terras en “mans mortas”), Ordes Militares e Concellos. Foi desenvolvida na España do XIX, durante os gobernos progresistas e lideradas por Mendizábal (1835), Espartero (1840) e Madoz (1855).
    • Ludismo: Movemento de protesta encaixado dentro do movemento obreiro que consistiu na destrución de máquinas e/ou incendio de fábricas por parte dos obreiros industriais pola perda de postos de traballo que supuñan. Foi unha das primeiras formas de expresión do malestar obreiro, que décadas máis tarde transformarase no movemento sindical.
    • Agrarismo: movemento reivindicativo de masas do campesiñado galego. Este movemento organizou ao campesiñado galego en asociacións e sindicatos agrarios para loitar pola supresión do sistema foral (redención dos foros), a fin do caciquismo e mellora da agricultura.
    • Desastre de Annual: derrota do exército español no ano 1921 durante a Guerra de Marrocos. O xeneral Silvestre, motivado por Alfonso XIII, intentou ocupar a rexión do Rif partindo desde Melilla, nunha maniobra moi complexa.
    • Directorio Militar: primeira etapa da Ditadura de Primo de Rivera, entre o golpe de Estado de setembro de 1923 ata decembro de 1925, onde o Goberno estivo exclusivamente en mans de militares. O seu gran éxito foi a fin da guerra de Marrocos tras a vitoria no desembarco de Alhucemas de 1925.
    • Expediente Picasso: nome co que se coñece ao informe elaborado polo xeneral Juan Picasso no 1922, baseado nos resultados da Comisión de Investigación formada no Congreso para estudar os comportamentos e actitudes de soldados e oficiais na derrota de Annual e para determinar as súas responsabilidades.