Monarquía dos Reis Católicos

Cards (15)

  • O reinado dos RRCC, marcou o tránsito entre Idade Media e Antigo Réxime; uníronse as Coroas de Castela e Aragón, rematouse a Reconquista, anexionouse Navarra, reforzouse o dominio en Italia e descubríuse América.
  • En 1469, casáronse Isabel de Castela e Fernando de Aragón, foi unha voda secreta entre primos e contra o estipulado no Pacto dos Touros de Guisando, esta unión matrimonial non significou a unión das duas Coroas, non se fusionaron os territorios. Cada unha das Coroas conservou a súa personalidade, con leis e institucións propias e diferenciadas, mantendo tamén fronteras e aduanas entre elas
  • Para gobernar acordaron repartirse competencias e administrar conxuntamente os territorios, así como establecer un único escudo, os Reis Católicos decidiron manter os seus títulos tradicionais, pero na Corte Real e no exterior foise impoñendo o título de Reis de España.
  • Desde o inicio dos seus reinados, nunha época de loitas nobiliarias e enfrontamentos entre campesiños e señores, os RRCC tiveron que impoñerse aos nobles rebeldes; someteron á nobreza e puxeron fin a alguns conflitos como a Revolta Irmandiña, para iso implantaron a figura do gobernador e crearon Reais Audiencias.
  • A nobreza perdeu gran parte do seu poder feudal, pero seguiu mantendo o seu poder económico e xurisdicional, pasaron a ser cortesáns ou funcionarios do rei.
  • A política relixiosa foi central na programa reformista dos RRCC, as crises baixomedievais deron lugar a antisemitismo popular o que deu lugar a conversións. Así plantexaron unha unificación relixiosa conquistando reino de Granada e decretando a expulsión dos xudeus no 1492.
  • No 1478 aprobaron o Santo Oficio (ou Inquisición), cuxo obxectivo era defender a pureza do dogma e moral cristiana, controlaron aos eclesiásticos e pasaron a estar a servizo dos intereses dos Reis.
  • Para reforzar a súa autoridade, o seu obxectivo pasou a seguir un modelo feudal para ir achegandose a unha monarquía autoritaria, precisáronse 6 obxectivos.
  • Reforzamento dos consellos (obxectivo 1): O Consello Real converteuse no principal órgano asesor e de goberno dos reis. Estaba formado por nobres e letrados organizados en comités.
  • Extensión dos vicerreis como representante do rei en territorios como Aragón e Navarra que tiñan organismos e leis específicas (obxectivo 2).
  • Reforma da xustiza (obxectivo 3): creación das Chancelerías e Audiencias en Castela, exercían a súa xurisdicción sobre un territorio delimitado. Fórmase tamén o Tribunal (e Consello) da Inquisición.
  • Imposición dos corrixidores (Castela) nas cidades (obxectivo 4): actuaban como representantes dos reis, encargados da orde pública, de impartir xustiza e de supervisar a vida municipal.
  • Incremento da burocracia e formación dun exército permanente e profesionalizado e armado baseado nos Terzos ao servizo da monarquía (obxectivo 5).
  • As cortes (diferenciadas para Castela, Aragón, Cataluña e Navarra) mantiveron as súas funcións (obxectivo 6).
  • (Morren os RRCC)Xoana I herdou ambalas dúas Coroas. Debido a súa incapacidade para gobernar (agravada pola morte do seu marido, o arquiduque Filipe de Habsburgo en 1506), fixo que exercese o poder o seu fillo Carlos. Carlos iniciaba en España, en 1516, a nova dinastía dos Habsburgo, castelanizada como Austrias.