Configuración do imperio español XVI

Cards (16)

  • Entre 1516 e 1700, monarcas da dinastía Habsburgo gobernaron as Coroas de Castela e Aragón, así como extensos territorios espallados por Europa, América e o Pacífico. O seu reinado adoitase dividir en dous períodos.
    • S. XVI (período 1), coñecido como o período de reinado dos Austrias Maiores, Carlos I (1516-1556) e Felipe II (1556-1598). Foi a época de maior apoxeo deste imperio territorial e de hexemonía da Monarquía hispánica en Europa.
    • S. XVII (período 2), período coñecido como o dos Austrias Menores, reinando Felipe III, Felipe IV e Carlos II. Destaca neste período a crise total do imperio español e da monarquía dos Habsburgo, acabando por se impoñer a monarquía dos Borbóns.
  • Centrándonos no século XVI, atopámonos con que os Austrias maiores perseguirán dous obxetivos: asegurar a súa posición como gran potencia e defender o catolicismo.
  • Estes dous feitos mantiveron a Coroa nunha loita constante e acabaron extenuando a monarquía e propiciando o seu empobrecemento. Ademais, o Imperio foi un complexo conglomerado de reinos, principados, ducados, condados e señoríos, unha unión de Coroas que o azar e a política matrimonial dos Reis Católicos fixo que estivesen gobernados por un mesmo rei pero sen cohesión entre sí.
  • A orixe deste Imperio estivo na herdanza que recibiu Carlos de Habsburgo. Por parte materna recibiu a Coroa de Aragón e os seus dominios no Mediterráneo (Nápoles, Sicilia, Sardeña, Rosellón e Cerdaña), de Castela cos dominios americanos, de Navarra e as prazas do norte de África. Por parte paterna, obtivo o arquiducado de Austria (Habsburgo), os dereitos á Coroa Imperial do Sacro Imperio Xermánico, Flandes, o Franco Condado e ducado de Borgoña.
  • A obsesión de Carlos I vai ser conseguir o titulo de emperador do SIRX e para ilo vai ter que endebedarse e subir os impostos, algo que levantará as protestas (Revolta dos Comuneros). O ideal do emperador (SIRX) Carlos foi actuar como cabeza e árbitro da Universitas Christiana ou imperio universal: unha unidade cristiá de orixe medieval presidida polo Papa e o emperador, que englobaría a todos os católicos de Europa fronte á ameaza dos protestantes (acababa de producirse a rebelión relixiosa de Lutero).
  • Para defender a idea do imperio universal, o emperador viuse envolto en continuas guerras. En 1556 o emperador abdicou e dividiu o Imperio, cedendo ao seu irmán Fernando o arquiducado austríaco e os dereitos ao título imperial, e ao seu fillo Felipe II os estados italianos, os Países Baixos e as Coroas de Castela e Aragón coas súas posesións.
  • Felipe II configurou definitivamente a Monarquía hispánica. O seu ideario era tamén, como o de Carlos I, fortalecer o catolicismo e engrandecer o poderío hispánico. Para iso enfrontouse aos otomanos (batalla de Lepanto de 1571), a Francia e Inglaterra.
  • Felipe II estivera casado coa raíña María Tudor, católica, pero ao morrer sen descendencia, o trono pasou a Isabel I
  • Isabel I, de relixión anglicana, apoiou os protestantes de Flandes e, desexosa de competir polo dominio do Atlántico e o control comercial de América, protexeu aos corsarios (Hawkins, Drake)
  • Felipe II decidiu enfrontarse a Inglaterra e preparou unha gran flota para atacala (A Gran Armada/Armada Invencible). A expedición foi un desastre e a Invencible regresou decimada e vencida (1588). Inglaterra contestaría cunha Contrarmada capitenada polo corsario Francis Drake quen ataque A Coruña e foi freada pola lendaria Maria Pita.
  • Porén, a guerra nos Países Baixos (Flandres) foi o maior problema do rei. Orixinouse polo descontento da burguesía ante os fortes impostos, o sentimento nacionalista e o conflito relixiosos. Para sufocar as rebelións enviouse aos terzos dirixidos entre outros capitáns polo duque de Alba.
  • Finalmente, en 1579, o sur dos PPBB, católico mantívoso na obediencia a Felipe II (Unión de Arras) e o norte que non recoñecía a soberanía española e defendían o protestantismo, formaron as Provincias Unidas (Unión de Utrecht) baixo o liderado de Guillerme de Orange. Foi a coñecida como Guerra dos 80 Anos.
  • Un dos feitos máis importantes do reinado foi a coroación de Felipe II como rei de Portugal (1580), ao morrer sen descendencia o rei deste país e resultado da política matrimonial dende os Reis Católicos. Significou ademais da unidade peninsular a incorporación do seu enorme imperio en África, Asia e América: “Nos dominios de Felipe II non se poñía o sol”.
  • Todo esto, a pesar dos éxitos, manter o enorme imperio, tivo un alto costo interior para a economía e os grupos sociais menos favorecidos o que explica a débil situación da monarquía no século XVII.