Nos territorios hispánicos, o século XVIImarca tamén o comezo da decadencia da monarquía, que se irá agudizando cos reinados dos Austrias menores: Felipe III, FelipeIV e Carlos II.
Como veremos a continuación, no século XVII a monarquía terá que facer fronte a unha crise estructural que afectará a todos os ámbitos do país, anunciando a pérdida da hexemonía internacional a favor de Francia e a extinción da monarquía dos Austrias. A crise foi total: demográfica, económica e política. Podemos achegarnos a esta crise xeral dende douspuntos de vida.
Perdademográfica (primeiro punto): En primeiro lugar a poboación diminuíu. As causas foron as grandes epidemias que se repetiron periódicamente ao longo do século. As malas colleitas contribuiron a facer máis vulnerable á poboación fronte ás pestes e a un descenso da natalidade. As guerras ocasionaban mortandade, sobre todo de varóns xóvenes e idade de procrear, e a crise económica retrasaba os matrimonios. A esto hai que sumarlle a elevada emigración a América, o aumento do clero e do celibato e a expulsión dos mouriscos.
No terreo económico, a agricultura empeorou a súa precaria situación. O empeoramento do clima, a expulsión dos mouriscos que reduciu a superficie de regadío; a fame, a guerra e as epidemias que despoboaron os campos e o abandono de terras cultivadas. Tamén a Mesta viu como se reducía o número de cabezas de gando, pola falta de pastos e pola destrución provocada polas guerras peninsulares.
(continuación terreo económico)Así mesmo, o sector artesanal e o comercio padeceron unha fonda depresión. A tradicional competencia dos produtos extranxeirosagravouse agora coa perda de territorios en Europa, e polo tanto de mercados, o incremento dos impostos e a perda do poder adquisitivo dunha poboación cada vez máis arruinada. Esta situación viuse reflectida no decaimento de cidades con feiras importantes.
Nefasta situación da Facenda: Os gastos aumentaban, tanto por unha corte que malgastaba cada vez máis, como polas necesidades das continuas guerras. Aumentáronse os impostos, o recurso á prata e ao ouro americanos foi cada vez máis difícil, ao esgotarse parte das minas e descender drásticamente a chegada de metáis preciosos. Depreciouse a moeda coa emisión de moeda de baixa calidade, provocando unha forte inflación, emitiuse constante de débeda pública.
A postura ante os privilexiados foi de pasividade ante a crise. Foi un estamento pouco emprendedor e pouco dinámica. O seu obxectivo foi moi conservador e de manter as súas rendas territorias sen investir. Ademais, a burguesía tiña como obxectivo principal ennobrecerse polo que se adicou a comprar título nobiliarios de casas en declive e, así, formar parte da sociedade rendista e non produtiva.
En 1621 comezou o reinado de Felipe IV, que nomeou como valido a Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, ocupando así a parte central do século XVII. Felipe IV e o seu válido herdaron unha crise total.
O goberno do conde Duque de Olivares caracterizouse polo autoritarismo e centralización co obxectivo de prescindir dos pactos para levar a cabo o seu programa político. Olivares elaborara todo un programa político (recollido no Gran Memorial) cunha Castilla acabada e un imperio en decadencia. Este informe secreto é presentado ao rei sintetizándose no chamado Unión de Armas.
Este proxecto consistía na imposición de impostos a todos os reinos do Imperio así como homes de armas en proporción ao número de habitantes a súa riqueza. Isto vai suponer a centralización da monarquía, eliminación dos privilexios forais e imposición das leis de Castela (mais favorables ao poder real) en todo o territorio. As súas esixencias acabaron provocando o levantamento en Cataluña e Portugal en 1640.
A revolta de Cataluña (1640) orixinouse cando Olivares, en plena guerra dos Trinta anos, abriu unha fronte militar contra os franceses nos Pirineos, obrigando aos cataláns a aloxaren as tropas e contribuíren ao gasto militar. Isto provocou a rebelión que culminou coa entrada dos segadores armados en Barcelona durante o Corpus de Sangue (7 de xuño de 1640) asesinando ao vicerrei en Barcelona
A revolta xeneralizouse en Cataluña, que tivo o apoio de Francia quen vai ocupar Cataluña, e conflito durou máis de dez anos tras a eliminación dos privilexios polo Conde-Duque de Olivares.En 1652 as tropas reais entraron en Barcelona e Felipe IV ratificou os privilexios forais de Cataluña así como a entrega do Rosellón e a Cerdaña.
A independencia de Portugal (ou guerra de Independiçao) (1640) produciuse progresivamente ao descontento coa política de castelanización de Olivares, a obrigada participación dos soldados portugueses no conflito de Cataluña, e a perda de parte das súas prazas coloniais ante os ataques holandeses.
Aproveitando a escasez de forzas pola multiplicidade de frontes nos que se combatía, unha conspiración nobiliaria conseguiu facerse co poder e proclamar ao duque de Braganza rei de Portugal en 1640. Os intentos de recuperar Portugal fracasaron e España recoñeceu a independencia de Portugal en 1668.
A crise, as revoltas, as epidemias do século XVII levará á monarquía hispánica a unha época de sombras, mais tamén de luces xa que é a mesma época de artistas como Velázquez, Zurbarán ou Calderón de la Barca. Foi o coñecida como Século de Ouro.