Economía e sociedade Galiza dos Austrias

Cards (9)

  • Galicia era un punto xeoestratéxico na monarquía dos Austrias ao ter paso para Flandes. Para controlar este lugar mantiveron institucións como o de Capitán Xeral e a Real Audiencia na Coruña (tribuanais de xustiza dependentes do rei) e as Xuntas do Reino de Galicia.
  • Ao longo dos s. XVI e XVII, a sociedade e a economía galega foi fundamentalmente agraria e estivo fortemente ligada ás posibilidades produtivas da terra. Ata a década dos anos 80 do s. XVI mantívoso o sistema tradicional de produción feudalbaseado no cultivo de cereais (trigo, centeo) e no barbeito, que permitiu o crecemento demográfico.
  • A partir destas datas, o desequilibrio entre poboación e recursos favoreceu a aparición de crises de subsitencia, con malas colleitas, fames e pestes, que provocaron, a diminución da poboación durante o primeiro terzo do s. XVII. Pero esto estimulou a transformación do sistema de cultivo; dende a costa cara o interior, foise estendendo o cultivo do millo, procedente de América que permitiu diminuir o barbeito e intensificar os cultivos. Estes cambios permitiron un forte crecemento da produción e da poboación na fachada atlántica.
  • Moi salientable foi o sector pesqueiro, que se mantivo en crecemento no s. XVI para decaer no XVII. Baseábase, sobre todo, na captura de sardiña. Os mariñeiros agrupábanse no gremio de mareantes que regulaba todas as actividades relacionadas coa pesca. No s.XVII hai unha decadencia xeral dos gremios mariñeiros e das artes de pesca tradicionais (cerco real) era a arte de pesca principal empregada polos gremios, coa introdución de novas artes de pesca ao marxe dos gremios; ademais o episodio da Amada Invencible, e a guerra contra Portugal foron unha influenza negativa
  • A sociedade destos séculos era estamental, dividida entre privilexiados (nobreza e clero) e non privilexiados: campesiños, comerciantes e artesáns. A maioría da poboación era campesiña, as cidades eran moi pequenas e por consiguiente tamén o número de comerciantes e artesáns.
  • A maioría dos campesiños eran usufructuarios de terras das que eran donos a nobreza e a Igrexa. Cultivaban a través dun contrato de foro, contrato de longa duración e de renda fixa, ao marxe de si a colleita era boa ou mala. Menos do 10% dos campesiños eran donos de propiedades, e ainda así estas eran de medianas dimensións.
  • A gran nobreza nesta época era absentista (Andrade, Lemos, Monterrei), desempeñaron elevados cargos na Administración dos Austrias (vicerreis, embaixadores). Pola súa parte o clero acaparaba máis da metade da riqueza agraria. Os mosteiros (clero regular), posuían enormes extensións de terra que se cultivaban mediante os mencionados foros (Oseira, Samos, S. Martiño Pinario, Celanova). O clero secular (mitras, cabidos e parroquias) ademais das rendas forais, recibían tamén os décimos, as misas, etc.
  • Ao longo destos séculos aparece e se consolida un novo grupo social, intermedio entre a nobreza e o campesiñado, son os fidalgos (as principais casas fidalgas costiúense no s. XVI e están xa plenamente asentadas a mediados do XVII). Benefícianse dos foros eclesiásticos, sobre todo, que explotan mediante subforos que arrendan aos campesiños.
  • Un terzo dos ingresos dos fidalgos proviña da terra e empregábano para comprar terras e pazos (o mellor exponente do seu poderío). O seu control sobre os concellos urbanos (cargos municipais) e sobre a Xunta do Reino de Galicia (notarías, rexistros) fixeron deles o grupo central da sociedade e da economía galega.