Cambio dinástico e guerra de sucesión

Cards (6)

  • En 1700, Carlos II, morreu sen descendencia directa. Os principais candidatos a ocuparen o trono, polos seus vínculos familiares, eran Felipe de Anjou, e o arquiduque Carlos de Habsburgo. O testamento de Carlos II designaba como sucesor ao candidato Borbón, isto provocou un conflito grave no equilibrio de poder entre as potencias europeas Rápidamente Gran Bretaña, Holanda e Portugal, contrarias a tal situación, lle deron o seu apoio ao candidato austríaco e entraron en guerra contra Francia e España. Deste xeito, a sucesión ao trono español pasou a ser un conflito internacional.
  • En España, a cuestión sucesoria tamén dividirá os territorios peninsulares. Castela amosouse fiel a Felipe V. Se ben é certo a Coroa de Aragón ao comeza apoiando a Felipe pronto cambia de parecer, e mais as clases populares acabaron apoiando ao candidato austríaco. A guerra, coñecida como Guerra de Sucesión á Coroa de España, iniciouse en 1702 e foi tanto un conflicto internacional como un conflicto interno dentro da monarquía española.
  • No plano internacional, Francia apoiaría a Felipe de Anjou mentras que se conformou unha alianza antiborbónica liderada por Austria e co apoio de Inglaterra, Holanda, Prusia, Saboia, os estados alemán e os estados italianos. As forzas de ambos os dous candidatos estaban bastante equilibrada e os Borbóns amosáronse incapaces de derrotar os exércitos aliados que apoiaban a Carlos de Habsburgo.
  • Os ingleses e os holandeses recoñeceron a Felipe V como monarca español pero renunciando aos seus dereitos ao trono de Francia (Tratado de Utrecht).
  • A paz entre os contendentes asinouse nos Tratados de Utrecht e Rastadt (1713-1714). Ademais da renuncia ao trono os tratados supuxeron perdas territoriais para España en favor de Austria que quedou co Milanesado, Flandes, Nápoles e Sardeña, e Gran Bretaña, que recibiu Xibraltar e Menorca, xunto a privilexios comerciais coa América española, cos tratados tamén se beneficiou Portugal
  • A guerra continuou en España e non rematou ata que as tropas de Felipe V entraron en Barcelona. As consecuencias da Guerra de Sucesión será de perda territorial do que restaba do Imperio español e os numerosos conflitos que se producirán a continuación para intentar recuperar parte do territorio perdido