Reformismo borbónico en Galiza

Cards (7)

  • O reformismo bórbonico foi o conxunto de medidas implantadas polos Borbóns baseadas en tres obxectivos: establecer unha monarquía absoluta, centralizar a administración e lograr un maior desenvolvemento económico aplicando as ideas ilustradas (XVIII). Na Galicia do século XVIII conviviron trazos do pasado con importantes novidades na economía (extensión do cultivo do millo e da pataca) e na sociedade (consolidación do sistema foral e da fidalguía).
  • O reino de Galicia mantivo a súa importancia estratéxica como baluarte marítimo avanzado na defensa do imperio colonial americano, fronte ao paso das armadas inimigas, fundamentalmente inglesas (ataque a Vigo en 1702, invasión inglesa en 1719 e ataque inglés a Ferrol en 1800). Ante esta situación, os Borbóns e os seus gobernos interviñeron en Galicia creando novas institucións e servizos. Entre as súas principais realizacións destacan 4.
    • A Intendencia do Reino de Galicia (1). Creada en 1712, foi definitivamente restablecida en 1718. O intendente tiña amplas funcións en temas relacionados co exército, facenda, xustiza e policía. A súa sede foi establecida na Coruña e converteuse na principal institución potenciadora do desenvolvemento económico de Galicia. Deixou de funcionar a partir dos anos sesenta, aínda que o cargo non desapareceu ata a morte do marqués de Piedrabuena.
    • Arsenal de Ferrol e as fortificacións costeiras (2). Galicia, pola súa situación xeoestratéxica, converteuse para os Borbóns no lugar onde recibir ou rexeitar os ataques das frotas estranxeiras que se dirixían a saquear as cidades costeiras españolas ou a capturar os barcos cargados de mercadorías procedentes de América. Ante esta situación, a meirande parte da costa galega foi reforzada con numerosas baterías e castelos. En 1726 José Patiño, ministro de Felipe V, decidiu establecer en Ferrol a sede do Departamento Marítimo do Norte ou do Cantábrico e unha das bases das Armadas reais.
    • A “Matricula de Mar”(3): foi un sistema de inscripción marítima que consistía nun conxunto de listaxes onde se inscribían os homes de mar de forma voluntaria, para ter un medio de vida e saír así da marxinación. Pretendía racionalizar e garantir o recultamento de mariñeiros e xentes especilizadas no mar para que formasen parte das tripulacións nos buques de armada no caso de guerra. Os mariñeiros debían estar rexistrados por orden alfabético nas listas e aparecerían divididos en seccións.
    • Os Correos Marítimos e a apertura do comercio con América(4). En 1764, o goberno de Carlos III estableceu na Coruña o Servizo de Correos Marítimos, unha compañía estatal de buques encargada de levar a correspondencia ao porto da Habana e (desde 1767) a Bos Aires, e que tamén podía transportar persoas e mercadorías, agás nos períodos bélicos nos que se transformaban en navíos de guerra. En 1765 o porto da Coruña foi autorizado para comerciar directamente con América (rachando co monopolio comercial).
  • Mais estas medidas ilustradas e de corte liberal rematan no reinado de Carlos IV por mor da Revolución Francesa.