Ilustración en España

Cards (10)

  • A Ilustración foi un movemento ideolóxico e cultural que nace en Francia e se desenvolveu durante o século XVIII en Europa e América. Partindo das ideas renovadoras alcanzadas polos científicos do século XVII, o seu obxectivo fundamental era iluminar coas luces da razón todos os problemas da vida humana e da sociedade, acabando coas tebras da ignorancia, da superstición e dos erros da tradición.
  • O movemento pode definirse como un sistema de ideas e valores que se aplican a todos os campos do saber, unha concepción global da vida e do home. Estaba baseada na confianza na razón (racionalismo), a crítica ás supersticións (espírito crítico), análise das leis de natureza para coñecer a verdade e o seu afán didáctico. Este cuestionaba as bases do Antigo Réxime. En Francia autores como Montesquieau, Voltaire ou Rousseu sentaron as bases nas que se apoiaran os revolucionarios en 1789.
  • Nas 13 colonias tamén tomaron como base estas ideas para a elaboración da Constitución de 1783.Nestas sociedades racharon coa sociedade estamental defendendo unha igualdade ante a lei e incluso apareceu en Escocia baixo a figura de Adam Smith o liberalismo económico. Mais en España tomou un cariz diferente, moito máis conservador.
  • En España a Ilustración se afasta dos ideais revolucionarios e se limita basicamente a fomentar a aplicación das ciencias útiles (A Enciclopedia) e mellorar o sistema educativo pero co fin de reactivar e reformar a economía
  • Este afán reformista e da busca do progreso seduciu aos gobernantes que desenvolveron na segunda metade do XVIII unha variante do absolutismo coñecida como Despotismo ilustrado que pretendía a aplicación desas reformas co fin de potenciar o desenvolvemento económico do Estado sen cambiar o status quo vixente (todo para o pobo pero sen o pobo).
  • Neste ámbito destaca sen dúbida Carlos III coma principal promotor deste tipo de goberno cuxas reformas pivotaron en torno a sete eixos: o fortalecemento do Estado e do poder do rei (regalismo); melloras no sector primario aplicando as teses fisiocráticas; fomento da produción artesanal e industrial do Estado creando ás manufacturas reais; potenciación da industria popular; defensa do valor do traballo; desenvolvemento do comercio tanto interior como exterior e a renovación da educación como vía de consolidación e fomento destas reformas.
  • Se ben foron os chamados novatores os introdutores da idea protoilustradas cabe destacar ás figuras de Feijóo, que co seu Teatro crítico axudou a difundir as ideas do empirismo e a criticar a superstición, e de Mayáns. Xa na segunda metade do XVIII no campo da reforma agraria e económica non podemos deixar de mencionar a Jovellanos, Olavide ou Campomanes, introdutores da fisiocracia en España con medidas como Informe sobre a leI agraria (1787) de Jovellanos.
  • Os principais medios de difusión do ideario Ilustrado foron, no eido da promoción estatal, a creación, principalmente baixo o reinado de Carlos III, das reais academias (da Lingua, Historia, Medicina, etc.) así como a creación de grandes museos e a renovación das universidades e a creación de institucións de Ensino secundario ou as Sociedades de Amigos do País (como a de Santiago de Compostela).
  • A introducción das ideas ilustradas baixo o o reinado de Carlos III non sempre tivo a aprobación da sociedade española. Un dos exemplos foi o coñecido Motín de Esquilache (1766) unha revolta contra o ministro ilustrado tras a aprobación do prohibición do sombreiro de ala ancha e capas polas rúas públicas como un mecanismo de seguridade. Aínda que o estalido da revolución foi ese as razóns veñen determinadas pola carestía do pan neses anos e o rexeitamento dos ministros italianos no goberno.
  • Pese a todo, o impacto da Ilustración foi bastante limitado e o impacto de reformismo viuse truncado polo brote da Revolución francesa e o medo a difusión das ideas do liberalismo por parte de Carlos IV, limitando de maneira moi significativa, incluso reaccionando contra os ilustrados de finais de século.