Muller na Idade Moderna

Cards (16)

  • A muller ten un papel fundamental na sociedade moderna a pesar de que fose relegado a un rol secundario debido ás estruturas patriarcais discriminatorias relacionadas coa sociedade tradicional estamental católica.
  • A Idade Moderna é un período no que se conta con numerosa documentación. Por unha banda, a Igrexa comezou unha política nova en cando á súa documentación tras o Concilio de Trento (1545) cos arquivos parroquiais (rexistro de bautismo, documentos de conventos...). Por outra banda, o fortalecemento da Monarquía, sobre todo dende o século XVIII, permitiu arquivar numeroso preitos e contratos, así como censos (Castro de Ensenada, Censo de Aranda, etc.) no que temos constancia do día a día dos habitantes de por entón, nas que se inclúen as mulleres.
  • Con todo, non debemos obviar a tremenda dependencia legal das mulleres respecto aos homes da época o que fai que escureza a información o que dificulta o estudo destas. Con todo, existiron certos colectivos que van estar máis representadas na documentación e, polo tanto que temos máis información: as viúvas, as solteiras, as monxas e (en ocasións) as mulleres privilexiadas.
  • A normativa, e polo tanto, condición xurídica de todos os súbditos variaba en función do reino no que nos situamos dentro do gran Imperio Español. A pesar diso mantíñase unha constante: a exclusión das mulleres dos poderes, xa que as leis lles impedían exercelos (consideradas menores de idade). Só as viúvas tiñan autonomía completa, pero na práctica isto non eran tan ríxido.
  • As solteiras de máis de 25 anos ou as mulleres casadas tiñan o amparo da lei cando tiñan que actuar contra os seus maridos ou cando estes se ausentaran. Isto explica o poder exercido polas mulleres galegas cando os seus maridos emigraban (á sega a Castela ou mesmo a América). A herdanza era un dos principais eixes e preocupacións das familias. Neste caso tanto fillos como fillas tiñan o mesmo dereito a herdar os mesmos ben dentro da herdanza dos dous proxenitores
  • A muller exercía como eixe central dentro da familia, consideraba no Antigo Réxime unha institución en sí mesma. O rol da muller estaba determinada pola familia exercendo como esposas (administrar á casa) e nais (coidadoras) o que vai condicionar o seu rol dentro da sociedade así como as súas principais ocupacións: o traballo doméstico.
  • A implicación no traballo doméstico variaba en función do estamento da muller. As mulleres dos grupos non privilexiados tiñan como principal obxectivo o matrimonio pero con apenas capacidade de decisión nas familias. Ademais, debían colaborar no traballo familiar sendo os principais cometidos á agricultura, a artesanía (téxtil principalmente) ou como servizo doméstico de familias adiñeiradas ou nobres. Raramente se retribuía económicamente o seu labor.
  • As familias burguesas podían, a diferencia das campesiñas ou dos artesáns, permitir de maneira excepcional ás mulleres acceder a unha educación coa que poder aprender as normas da lectoescritura.
  • Debemos recordar que o acceso á educación na época era xa de por si moi limitado e as taxas de analfabetismo elevadísimas, sendo moi superiores no caso das mulleres.
  • No caso das familias nobres a situación era similar, só que as taxas de alfabetización podían ser algo máis altas. As mulleres nobres, porén, tiñan maior acceso á educación, que era sempre no ámbito do fogar, coidando a educación relixiosa, ás veces as artes e a música ou os idiomas.
  • Outra opción das mulleres era a de ingresar no clero como monxas, neste caso pasaban a vivir baixo as regras das ordes relixiosas ou do clero en xeral. Algunhas mulleres podían chegar a obter certo poder e influencia se chegaban a escalar na xerarquía eclesiástica chegando a abadesas dalgún mosteiro o que lles permitía certa independencia fronte ás casadas.
  • O traballo da muller vai estar condicionada polo rol tradicional ao seu xénero: os coidados. Con todo, o mundo urbano e o mundo rural na idade moderna eran mundos significativamente diferentes polo que cómpre establecer diferenzas. No ámbito urbano moitas mulleres traballaban nos propios negocios dos maridos como nos obradoiros ou asumían tarefas de finanzas. Ente os traballos atopamos o servizo doméstico (60%), por exemplo, en Pontevedra no século XVIII case 4/10 mulleres tiñan esa ocupación.
  • Outros traballos estaban vencellados ás institucións asistenciais como hospitais, hospicios, inclusas... (Ex. Hospital de San Roque de Santiago adicado os sifílicos). Existían tamén mulleres que traballaban en oficios vinculados coa alimentación (panadeiras, pasteleiras..) ou co vestido (pilleiras, tecedoras..). Traballos non cualificados e mal pagados que eran unha extensión do traballo doméstico pero dentro do mercado. Tamén había mulleres na prostitución ou tabernas.
  • En canto ao mundo rural as mulleres, maioritariamente interviñan nas actividades relacionadas co cultivo das terras ou coidado de gando. Tamén se facían cargo de actividades complementarias protoindustrais como a téxtil, sendo moi significativa a actividade de liño en Galicia.
  • A iso débese engadir as tarefas domésticas e a atención á familia. A emigración nalgunhas partes do Reino (Galicia, Asturias, Andalucía) obrigou a que as mulleres, tradicionalmente, tivesen que cargar con toda o traballo.
  • Aínda que de forma minoritaria, no séuclo XVIII o pensamento ilustrado comeza a ver ás mulleres como seres que merecen recibir educación pero sempre baixo a tutela dos homes.