Política exterior e alianza con francia

Cards (15)

  • Dende 1789, as noticias procedentes da Francia Revolucionaria (soberanía nacional, declaración de liberdades e dereitos individuais, limitación do poder real, abolición dos estamentos privilexiados….) causaron un forte impacto en España. O temor ao contaxio revolucionario levou a Carlos IV a realizar un exhaustivo control da propaganda, empregando para isto a Inquisición.
  • Esta iniciativa foi ineficaz, e as ideas revolucionarias estendéronse por España: para uns, ilustrados e reformistas, era necesario eliminar o despotismo monárquico e tomar o exemplo francés, establecendo unha constitución; para outros, fundamentalmente clero e nobreza, as novas ideas eran rexeitadas por atentar contra os valores tradicionais da monarquía e da Igrexa.
  • No 1792, a situación radicalizouse en Francia coa abolición da monarquía e a detención de Luís XIV. Ante isto, as monarquías europeas formaron unha coalición e atacaron aos revolucionarios, sen ser capaz de derrotalos. En España, a finais deste ano Manuel Godoy foi nomeado Secretario de Estado e tratou de negociar cos revolucionarios.
  • No 1793, despois do guillotinamento do rei francés, España entrou na guerra contra os revolucionarios (Guerra dos Pirineos ou da Convención). As continuas derrotas obrigaron a Godoy a asinar a paz no 1795, o que lle deu o alcume de “príncipe da paz”.
  • A partir de entón, a política exterior de España orientouse a buscar a alianza coa Francia revolucionaria, co obxectivo de facer fronte ás ameazas inglesas sobre as colonias. Esta alianza asinouse no 1796 co Tratado de San Ildefonso, provocando o aumento dos enfrontamentos contra os británicos.
  • En canto á política interior, o desenvolvemento da Revolución Francesa fixo que as posibilidades reformistas de España quedasen limitadas. Os gobernos de Carlos IV apoiaron algunhas iniciativas que se adecuaban aos seus intereses, pero paralizaron aquelas que podían supoñer unha crítica ao sistema oficial. Deste xeito, ministros ilustrados como Jovellanos2 , contaron co apoio ou hostilidade do rei segundo as circunstancias.
  • As reformas ilustradas foron acompañadas doutras medidas dirixidas a paliar os efectos económicos das guerras e a incrementar os ingresos da Coroa: subiron os impostos, obrigaron aos privilexiados a abonar un donativo forzoso e, no 1798, desenvolveron a primeira desamortización (expropiación e venda de terras de mans mortas, é dicir, terras pertencentes a institucións que non as traballaban: a Igrexa.)
  • Coas súas actuacións e sumando títulos, honores e poder, Godoy provocou as críticas e a oposición de numerosos grupos e personalidades: do príncipe de Asturias (Fernando), da Igrexa, da nobreza, dos ilustrados e tamén do pobo, molestos polo seu ascenso, pola súa intimidade cos reis, polo acumulación do honores…
  • Gozando da confianza dos reis, Godoy convertiuse, a partir do 1800, no máximo responsable da política da Coroa, esixindo obediencia ao resto de autoridades. Con isto, provocou as críticas e oposición de numerosos grupos sociais, encabezados polo príncipe de Asturias, Fernando, a Igrexa, a nobreza, os ilustrados e o pobo.
  • Paralelamente, o contexto internacional foi cada vez máis perxudicial para España. Os enfrontamentos con Inglaterra foron continuos e provocaron a quebra do comercio colonial con América, a bancarrota da facenda real e unha crecente supeditación a Francia, gobernada por Napoleón desde o 1799.
  • A pesar desta alianza con Francia, as derrotas contra Inglaterra non cesaron, acabando estes por conseguir o dominio absoluto dos mares despois da batalla de Trafalgar (1805)3 , na que a flota hispana foi totalmente destruída, causando un fondo perxuízo económico para España, pois quebraba o comercio colonial e quedaba sen navíos cos cales defender as colonias e as rutas mercantís.
  • Ante a imposibilidade de derrotar aos británicos militarmente, no 1806 Napoleón optou por decretar un bloqueo continental ás mercadorías inglesas: ningún país europeo podería comerciar cos británicos baixo ameaza de invasión. Portugal, tradicional aliado dos ingleses, incumple o tratado no 1807, polo que Napoleón comeza a organizar a invasión e conquista de Portugal.
  • Con este obxectivo, o 27 de outubro de 1807 asina con Godoy o Tratado de Fontainebleau, un texto lexislativo no que acordan o paso das tropas francesas por España. A cambio, repartiríanse Portugal e Godoy recibiría os Algarves, onde sería coroado rei.
  • A acumulación de poder de Godoy e a posibilidade de que recibise un título real xerou un fondo resentimento no príncipe de Asturias, Fernando, que vía ameazado o seu dereito de sucesión. Contando co apoio de aristócratas vidos a menos polo ascenso de Godoy, Fernando creou o chamado Partido Fernandino.
  • O Partido Fernandino era un grupo opositor que terá como principais obxectivos apartar a Godoy do poder e obrigar a Carlos IV a abdicar no seu fillo Fernando. Para isto, recurrirán ás conspiracións e plans segredos, como o descuberto Proceso do Escorial, no mesmo outubro de 1807, para evitar que Godoy fose rei dos Algarves