Abdicacións de Baiona

Cards (11)

  • A comezos de 1808, a presenza de tropas francesas provoca malestar entre a poboación: os soldados franceses estableceran guarnicións en Madrid, onde levaban días asentadas. Isto fai que Godoy comece a sospeitar das intencións reais de Napoleón: ocupar España.
  • Ante a xogada do emperador, propón á familia real abandonar Madrid e dirixirse a América, seguindo o exemplo dos reis de Portugal, que a finais de 1807 trasládanse a Brasil e establecen a capital do reino en Río de Janeiro
  • A familia real négase a abandonar o país polo momento, pero si acceden a trasladarse a Aranxuez, localidade ao sur de Madrid e ben comunicada con Sevilla, onde poderían embarcar para América se fose necesario. A poboación madrileña respondeu con protestas a este traslado, entendido como un abandono por parte das autoridades.
  • O Partido Fernandino aproveitou a inestabilidade e o malestar social para planear e executar o Motín de Aranxuez: o 19 de marzo de 1808 grupos de alborotadores, apoiados e financiados pola nobreza e o clero, asaltan o palacio de Aranxuez e amotínanse dentro, obrigando ao rei Carlos IV a abdicar no seu fillo, recoñecido rei como Fernando VII.
  • Neste contexto de inestabilidade política e división na familia real e na corte, Carlos IV pide axuda a Napoléon, aliado de España e home forte na Europa do momento. Napoleón coñece de primeira man a crise política que estaba a vivir a monarquía hispánica, e comeza a concibir a idea de substituír no trono aos Borbóns por outra dinastía: a Bonaparte.
  • Co pretexto de mediar nas disputas familiares, Napoleón organiza en maio de 1808 unha reunión en Baiona (Francia), á que acoden Godoy e a familia real.
  • Neste encontro teñen lugar as abdicacións de Baiona, un proceso de sucesivas renuncias ao trono español ata que este recae en Napoleón, quen llo cede ao seu irmán Xosé I Bonaparte, ata aquel momento rei de Nápoles e Sicilia. Para conseguir a Coroa, Napoleón tivo que forzar tres abdicacións.
    • En primeiro lugar, obrigou a Fernando VII a devolver a Coroa ao seu pai, Carlos IV. (abdicación 1)
    • Carlos IV é obrigado a ceder os dereitos monárquicos a Napoleón. (abdicación 2)
    • Finalmente, Napoleón cedía os dereitos sobre o trono de España ao seu irmán maior, Xosé I. (abdicación 3)
  • A cambio, Carlos e Fernando foron recompensados con títulos, propiedades e rendas en Francia, onde residiron ata finais da ocupación napoleónica. A saída da familia real de España afondou no malestar da poboación madrileña, que o dous de maio levantouse en armas contra a presencia francesa, sendo duramente reprimidos o día 3 de maio. Isto deu inicio á Guerra da Independencia.