4. Fernando VII, sexenio absolutista

Cards (11)

  • Fernando VII regresa a España en marzo de 1814, recibido cun grande entusiasmo popular: o seu alcume foi “O rei desexado”. Estas masas analfabetas clamaban pola volta do Antigo Réxime.
  • O rei prometera ás Cortes liberais xurar a Constitución de 1812 e aprobar a obra lexislativa de Cádiz, optando por establecer unha monarquía parlamentaria.
  • Porén, a oposición absolutista (xa presentes en Cádiz), encabezada por membros da nobreza, o alto clero e xefes militares, defendía que o rei debía recuperar a plena soberanía e declarar nulos todos os decretos e reformas emanados das Cortes de Cádiz, pois eran contrarios ás leis tradicionais e á relixión.
  • Así llo fixeron saber ao rei no chamado Manifesto dos Persas (abril 1814), un documento asinado polos deputados absolutistas das Cortes, no que manifestaban o seu apoio ao réxime absolutista.
  • Coñecedor de que a vontade popular era contraria ás reformas liberais, no decreto do 4 de maio de 1814 Fernando VII declara nulos tanto a Constitución de 1812 como todos os decretos elaborados polas Cortes durante a súa ausencia.
  • Coa súa volta restaurouse o réxime absolutista en España: os señoríos, o poder absoluto, a Inquisición, etc., foron reestablecidos contando co apoio das masas populares.
  • Hai que comprender esta restauración do absolutismo dentro do contexto europeo do momento: despois da derrota de Napoleón, as monarquías absolutistas europeas (Austro-Hungría, Prusia e Rusia) celebraron o Congreso de Viena (1815), onde acordaron a restauración do absolutismo en todos aqueles estados liberados despois da invasión napoleónica.
  • As forzas liberais de todo o continente quedaron debilitadas, e entre elas as españolas. Despois de 1814, os liberais foron castigados e perseguidos pola monarquía, e moitos tiveron que exiliarse en Inglaterra. Só unha pequena facción liberal permaneceu en España e continuou loitando por recuperar o poder: parte da burguesía e mandos militares das guerrillas antinapoleónicas comezaron a organizarse e reivindicar o réxime liberal.
  • Ademais da formación de sociedades segredas desde as que conspiraban, moitas veces localizadas no estranxeiro, foron comúns os pronunciamentos militares. Esta práctica consistía no levantamento de parte do exército, que se pronunciaba a favor dun cambio no réxime político: neste caso, buscaban a substitución do absolutismo polo réxime liberal.
  • Entre 1814 e 1819 tiveron lugar 8 pronunciamentos, entre os que destacaron o de Espoz y Mina en Pamplona (1814), o de Porlier na Coruña (1815) e o de Lacy en Barcelona (1817). Todos fracasaron, e os seus dirixentes foron executados.
  • O pronunciamento militar, polo xeral, iba acompañado da publicación dun manifesto á nación, onde os instigadores do levantamento se dirixían á poboación española para xustificar a súa actuación e expoñer os seus obxectivos. Convertíronse nunha práctica frecuente en todo o século XIX español.