Os gobernos liberais volveron a poñer en vixencia toda a lexislación aprobada polas Cortes de Cádiz: Constitución, decretos, etc. Tamén, inspirados polas demandas da burguesía, introduciron novas reformas: supresión de conventos; desamortización dos bens da Inquisición e dos conventos suprimidos; abolición dos morgados; nova división provincial; reforma educativa, etc.