6. Fernando VII, década ominosa

Cards (6)

  • No 1823, un exército francés dirixido polo duque de Angulema e coñecido como os Cen Mil Fillos de San Luís invadiu España, contando co apoio dos absolutistas españois. A división dos liberais fixo que non atopase case resistencia.
  • Recuperado o poder absoluto, Fernando VII aboliu todas as leis e institucións do Trienio Liberal e iniciou unha dura represión política contra os liberais. Houbo persecucións, torturas, execucións, etc. Foron moitos os liberais que se exiliaron, como Francisco de Goya.
  • Así mesmo, a administración e o exército foron sometidos a estritos procesos de purga, a fin de eliminar calquera atisbo de ideoloxía liberal. Aínda así, os pronunciamentos foron frecuentes, especialmente nos últimos anos do reinado, pero todos con nefasto resultado: por destacar algún, o do xeneral Torrijos no 1831, en Málaga.
  • No 1829, Fernando VII casa coa súa sobriña, Teresa de Borbón, e no ano 1830 nace a súa primeira filla: Isabel. Esto provocou un problema sucesorio na monarquía, pois a Lei Sálica, vixente desde tempos de Felipe V, prohibía que unha muller herdara o trono, polo que a Coroa debía recaer sobre Carlos Mª Isidro de Borbón, irmán menor de Fernando. Non obstante, no ano 1830 o rei aprobou a Pragmática Sanción, pola cal abolía a Lei Sálica e proclamaba a Isabel como única herdeira.
  • Isto provocou o rexeitamento dos absolutistas, que comezaron a organizarse arredor do infante Carlos de Borbón, a quen consideraban lexítimo herdeiro. Ante a falta de apoios, nos últimos anos do seu reinado Fernando VII tivo que buscar a alianza cos reformistas e liberais moderados.
  • No 1833 Fernando VII falece. O infante Carlos, apoiado polos absolutistas, reclamou a Coroa. Mª Cristina de Borbón fixo o mesmo para a súa filla Isabel, menor de idade, contando co apoio dos liberais, aos que prometera concesións políticas. Esta doble reivindicación dos dereitos sucesorios deu inicio á I Guerra Carlista.