Guerra de independencia: fases

Cards (12)

  • As causas da guerra hai que buscalas na sinatura do Tratado de Fontainebleau, polo cal se permitía a entrada das tropas napoleónicas en España, e nas abdicacións de Baiona, mediante as cales a monarquía española foi substituída polo reinado de Xosé I Bonaparte, francés e partidario da introdución dalgunhas reformas liberais en España.
  • Porén, o detonante do conflito foi o amotinamento da poboación madrileña o 2 de maio de 1808, sendo duramente sometidos. Esta insurrección popular provocou unha sublevación xeneralizada en toda España, que deu inicio á Guerra da Independencia.
  • Neste conflito, as tropas napoleónicas atopáronse coa oposición da poboación española: as masas populares foron as que dirixiron o enfrontamento e a defensa do territorio, apoiadas e financiadas por eclesiásticos e nobres, posto que o exército español estaba desmantelado
  • Polo xeral, entre os combatentes españois predominou un patriotismo fanático: loitaban en contra do invasor estranxeiro que pretendía introducir reformas afrancesadas liberais, contrarias á tradición española e aos dereitos sucesorios de Fernando VII.
  • A superioridade militar dos franceses obrigou aos españos a adoptar a táctica militar coñecida como “guerra de guerrillas”.
  • A guerrilla basease na formación de pequeñas partidas ou cuadrillas de homes que, apoiándose no coñcemento do terreo e contando coa axuda da poboación, atacaba ás tropas francesas en accións limitadas sen presentar nunha unha batalla frontal. Temos exemplos como Juan Martin Diaz ou o Empecinado. Ademais, os españois contaron coa axuda dos británicos.
    • Primeira fase: maio - novembro 1808. A primeira fase do conflito estivo caracterizado polo intento de ocupación francesa e o levantamento popular xeneralizado, que logrou rexeitala. O plan de Napoléon de ocupar rapidamente España fracasou, mostrando a debilidade estratéxica de España. Entre as vitorias españolas deste momento destacou Bailén (xullo 1808), a primeira derrota militar de Napoléon en toda Europa que obriga aos franceses a repregarse cara o norte. Consciente das dificultades para ocupar de xeito efectivo España, Napoleón cruza os Pirineos.
    • Segunda fase: novembro 1808 - xaneiro 1812. O cambio de estratexia de Napoleón provocou o inicio dunha fase de dominio francés. Ante a superioridade militar gala, os combatentes españois víronse obrigados a adoptar a estratexia da guerra de guerrillas. Nesta etapa tivo lugar a intervención de Inglaterra no conflito (1809), dirixida a recuperar Portugal.
    • A entrada dos británicos, supuxo a aportación da súa gran capacidade organizativa, económica e militar, clave para os combatentes españois. Non obstante, foron expulsados de España polos franceses na Batalla de Elviña. Para 1810, Cádiz era a única cidade libre da ocupación francesa que había en España. Nisto foi fundamental a súa localización xeográfica e a cercanía con Xibraltar. (continuación segunda fase)
    • Terceira fase: xaneiro 1812- abril 1814. A derradeira fase é unha fase de repregue francés. Iníciase coa intervención de Napoleón en Rusia, o que lle obriga a retirar efectivos da Península Ibérica para dirixilos cara os Urais. A debilidade francesa foi aproveitada polas tropas hispano-británicas, dirixidas polo duque de Wellington. A continua diminución de tropas galas destinadas a Rusia fixo que os ingleses comezaran a recuperar territorios, e para 1813 só o Mediterráneo quedaba en mans francesas.
  • As sucesivas derrotas provocaron a saída de Xosé I Bonaparte. Neste contexto de derrota inminente, tamén a nivel europeo, Napoleón asina en decembro de 1813 o Tratado de Valençay4 , polo cal devolvía a coroa de España a Fernando VII.
  • En xaneiro de 1814 as últimas tropas francesas, presentes en Cataluña, abandonan España. Remataba a Guerra da Independencia.