Goberno de Xosé Bonaparte

Cards (10)

  • Comeza o seu reinado en maio de 1808, despois das abdicacións de Baiona. Esténdese durante toda a Guerra da Independencia. Despois da cesión da coroa ao seu irmán Xosé, Napoleón convoca en Baiona unha Asemblea de deputados españois, representantes dos tres estamentos (nobreza, clero e cidades) para conseguir partidarios do novo rei.
  • Despois de xurar fidelidade ao novo rei, a Asemblea de Baiona aprobou unha lei, elaborada polo propio Napoleón, na que se regulamentaban as relacións entre o rei e os seus súbditos. Foi a mal chamada Constitución de Baiona: era unha lei fundamental do reino, pero non unha constitución, xa que non foi obra dos representantes da poboación, senón do propio rei.
  • O seu carácter era o dunha Carta Outorgada: lei que o soberano “outorga” aos súbditos, na que autolimita o exercicio do seu poder. É, polo tanto, un documento conservador que mesturaba trazos tradicionais con outros novidosos (5).
    • (1)Separación e limitación dos poderes do Estado: creación dun Senado, un Consello de Estado (voto sobre proxectos de lei) e Cortes estamentais.
    • (2)Oficialidade da relixión católica.
    • (3)Igualdade contributiva de todos os cidadáns.
    • (4)Supresión dos dereitos señoriais.
    • (5)Outras: eliminación aduanas, liberdade económica, centralización e racionalización da administración (creación de 38 prefecturas para organizar o territorio).
  • Eran medidas que presentaban unha certa continuidade co reformismo ilustrado, e que non se aplicaron por mor do contexto bélico. Nas súas tarefas de goberno estivo apoiado por un reducido número de españois, os denominados afrancesados, partidarios do reformismo autoritario para modernizar España sen caer na revolución.
  • Non obstante, as medidas introducidas por Xosé I foron vistas polos privilexiados e polas masas populares como radicais, estranxeirizantes e alleas á tradición española, polo que a oposición foi grande.