Revolución gloriosa e Constitución 1869

Cards (14)

  • En setembro de 1868, unionistas, progresistas e demócratas, asociados na revolución e apoiados polo exército e as masas populares, destronaron a Isabel II.
  • Nun contexto de malestar social crecente, provocado polas malas colleitas e as dificultades do sector industrial e financeiro, e do descontento de case todos os grupos políticos co goberno da raíña, triunfou en setembro de 1868 a Revolución Gloriosa, iniciada co pronunciamento das tropas da mariña de Cádiz liderado polo almirante Topete e secundado por Prim e Serrano.
  • Este remataría coa vitoria sobre as tropas reais en Córdoba. O pronunciamento foi acompañado pola creación de xuntas revolucionarias nas cidades de España, estimuladas por demócratas, progresistas e republicanos, que mesturaron reivindicacións de tipo político (sufraxio universal, liberdade de prensa, liberdade de asociación) e social (abolición dos consumos e supresión do sistema de quintas).
  • O triunfo revolucionario obrigou a Isabel II a abandonar España e exiliarse en París. Formouse en Madrid un goberno provisional, integrado por progresistas e unionistas, e presidido por Serrano.
  • O novo goberno puxo en marcha reformas políticas democráticas e económicas baseadas nas reivindicacións das xuntas. Así mesmo, convocou Cortes constituíntes, elixidas por sufraxio universal masculino, co obxectivo de concretar o novo modelo político de España.
  • As eleccións deron o triunfo ás forzas monárquicas, polo que o Estado español quedaba configurado como unha monarquía democrática. No 1869 promulgouse unha nova Constitución. Nela, recollíanse os seguintes principios democráticos(7):
  • 1.Soberanía nacional.
  • 2.Separación de poderes
  • 3.O rei exerce o poder executivo a través dos ministros, libremente escollidos. Tamén sanciona e promulga leis, pero sen dereito de veto. (Monarquía democrática).
  • 4.Cortes bicamerais: asumen o poder lexislativo. Membros do Congreso e do Senado elixidos por sufraxio universal masculino (directo para o Congreso, indirecto para o Senado).
  • 5.Poder xudicial en mans dos tribunais, formados por xuíces elixidos mediante un sistema de oposición.
  • 6.Dereitos e liberdades inalienables, recollidos de forma explícita e ampla. Incorpóranse, por primeira vez, os dereitos de libre asociación e reunión.
  • 7.Liberdade de culto.
  • Aprobada a Constitución, Serrano, líder unionista, foi nomeado rexente constitucional mentres se buscaba un novo rei para España. Debía ser católico, liberal e contar coa aprobación das potencias europeas. Entre varios candidatos, escolleuse a Amadeo de Saboia, fillo do rei de Italia Vítor Manuel II, aínda que cunha forte oposición (191/384 votos a favor).