A I República

Cards (20)

  • Tras a abdicación, o Congreso e o Senado, reunidos en conxunto, formaron unha Asemblea Nacional. Ante a falta de alternativas, e a pesar de contar con maioría de deputados monárquicos, proclamaron a República o 11 de febreiro de 1873.
  • Proclamada a nova forma de estado, a Asemblea Nacional Republicana asumiu todos os poderes e convocou presidente do executivo (funcións de xefe do estado e do goberno) a Estanislao Figueras.
  • Pronto xurdiron diferenzas entre os republicanos sobre a organización política da República:(2)
    • Republicanos unitarios, defenden a creación dunha república unitaria.(1)
    • Republicanos federais:(2)
  • A)Gradualistas: defendían configurar a república dende arriba. É dicir, que as Cortes constituíntes decidisen e organizasen o reparto de poderes entre os estados da federación e o estado central. Liderados por Francesc Pi i Margall.
  • B)Cantonalistas ou intransixentes: defendían unha configuración dende abaixo. Os estados federais ou cantóns eran soberanos e construían, por acordos libres e iguais, a federación española.
  • Estas tensións causaron unha gran inestabilidade política. Para tratar de resolvela, convocáronse eleccións con sufraxio universal masculino para maiores de 21 anos. Foron gañadas amplamente polos federais, aínda que houbo unha abstención do 60% do electorado.
  • Ante isto, proclamouse a república federal e nomeouse presidente do executivo a Pi i Margall (xuño). Pronto elaboraron un proxecto de Constitución:(5)
  • 1.Organizaba España como unha federación composta por 17 estados federados, incluídos Cuba e Puerto Rico.
  • 2.A xefatura do Estado correspondía ao presidente da República, electo mediante sufraxio universal masculino. A súa función é velar pola relación entre os tres poderes. Tamén nomeaba ao presidente do goberno.
  • 3.O poder lexislativo correspondía á Asemblea Nacional Republicana, composta por Senado (representaba aos estados federados) e o Congreso.
  • 4.Autonomía municipal.
  • 5.Separación Igrexa- Estado.
  • O novo ordenamento do estado foi insuficiente para os cantonalistas. Antes da promulgación da Constitución proclamaron a independencia dalgúns cantóns. Esta revolta cantonalista tivo gran forza en Andalucía e no Levante, onde destacou a proclamación do Cantón de Cartaxena (independente entre xuño de 1873 e xaneiro de 1874). As consecuencias desta revolta foron o fracaso do proxecto federal gradualista de Pi i Margall e provocaron a súa dimisión.
  • O novo goberno republicano estivo presidido por Nicolás Salmerón (xullo). Coincidiu cunha época de gran inestabilidade, debido á revolta cantonalista e á guerra carlista.
  • Para tratar de sofocalas, tivo que apoiarse nos militares e acceder as súas peticións de restablecer a orde; a necesidade de asinar penas de morte levou a Salmerón a dimitir. Sucedeulle Emilio Castelar (setembro), quen conseguiu da Asemblea poderes extraordinarios e puido gobernar varios meses por decreto.
  • Descontentos, os federais pretenderon escoller un novo presidente do goberno. Mentres se celebraba a sesión, o xeneral Pavía entrou no Congreso e disolveu a Asemblea Nacional (xaneiro 1874). Ante o baleiro de poder, Serrano, antigo líder da Unión Liberal, asumiu o poder executivo, contando co apoio do exército e dalgúns políticos radicais. Suspendeu as garantías constitucionais e prometeu pacificar o país e convocar Cortes constituíntes.
  • As tensións entre os republicanos, as guerras carlista e cubana, e o aumento das reivindicacións sociais revolucionarias provocaron unha permanente inestabilidade e un medo crecente entre as clases propietarias e o exército á desintegración de España e á revolución social.
  • Estes temores favoreceron os intentos de Cánovas del Castillo de restaurar a monarquía na persoa de Afonso de Borbón, fillo de Isabel II, quen enviou un manifesto á nación (Manifesto de Sandhurst) no que se presentou como un rei respectuoso co sistema constitucional e liberal. O 29 de decembro de 1874 en Sagunto, o xeneral Martínez Campos pronunciouse a favor da monarquía de Afonso XII. As resistencias foron escasas.