Década moderada

Cards (19)

  • Desde finais de 1843, a vida política española estivo marcada pola personalidade e carácter de Isabel II: ignorante, fanática e casada co seu curmán, Francisco de Asís, homosexual, con quen a obrigan a casar por cuestión de Estado. Isto provocou que tivera unha gran listaxe de amantes que influíron fondamente na vida política de España.
  • Os seus problemas de conciencia fixeron que se rodeara dunha camarilla encabezada polo pai Claret e sor Patrocinio, confesor e conselleira da raíña, que viron as súas accións recompensadas coa aplicación de políticas favorables á Igrexa. Ultramoderada, apoiou constantemente gobernos moderados, liderados polos espadóns Narváez e O’Donell.
  • Os militares van desempeñar un papel moi activo na implantación e desenvolvemento do estado liberal español. As súas raíces áchanse na incapacidade da Coroa e dos partidos políticos para establecer unha alternancia política pacifica. O frecuente suspensión das garantías constitucionais e a corrupción electoral fixeron que a oposición política tivese que recorrer aos pronunciamentos para chegar ao poder.
  • Co final da guerra civil, España entrou nunha etapa distinta, ao menos dunha relativa paz interna e co exército disposto a asegurar o funcionamento do sistema constitucional, o que á larga institucionalizaría a intervención dos militares nos asuntos civís.
  • A finais de 1844, o goberno moderado que expulsara a Espartero consolidouse. Liderados por Narváez, os moderados convocaron Cortes e promulgaron a Constitución de 1845, unha lei fundamental conservadora, que logrou reformar as bases do sistema. Establecía o seguinte:
    • Soberanía compartida entre o rei e as Cortes.
    • Supremacía política da Coroa: poder executivo, comparte lexislativo e ten o poder de disolver e convocar as Cortes.
    • Cortes bicamerais: Congreso (deputados electos) e Senado (membros nomeados pola raíña)
    • Sufraxio censatario: participación política moi limitada, só o 0.8% poboación.
    • Restrición liberdades individuais. Entre elas, restaurouse a censura previa da prensa.
    • Confesionalidade do Estado.
  • Tras a promulgación da Constitución, os gobernos moderados continuaron lexislando, con medidas favorables ás clases acomodadas da sociedade (nobreza e aristocracia). Un dos seus obxectivos vai ser crear unha Administración centralizada coa axuda dos delegados de Goberno. Entre as reformas aprobadas, destacaron:
  • 1.Creación da Garda Civil (1844): corpo militar, baixo as ordes directas do goberno. Os seus obxectivos eran garantir a orde, controlar ás masas populares e asegurar a defensa da propiedade
  • 2.Lei de Concellos (1845): os alcaldes eran nomeados polo goberno central. Reforzo do centralismo político.
  • 3.Lei electoral (1846): limitaba a 100.000 o censo de electores.
  • 4.Reforma tributaria (1845): Levada a cabo por Mon- Santillánn reducía os impostos a dous tipos, directos e indirectos. As máis afectadas foron as masas populares, que viron incrementada a presión fiscal co aumento dos impostos indirectos, sobre todo os consumos. Ao longo do século protagonizaron diversos levantamentos e motíns contra os consumos.
  • Estas políticas tan conservadoras provocaron algúns pronunciamentos por parte dos progresistas, que fracasaron. Tamén os carlistas se rebelaron contra o goberno, protagonizando entre 1846-1849 a II Guerra Carlista, sen demasiado éxito.
  • Para acabar coa oposición, Isabel II nomeou no 1851 a un goberno ultramoderado. A súa principal medida foi a sinatura do Concordato de 1851 con Roma: a Igrexa recoñecía as expropiacións da desamortización e a cambio obtiña a confesionalidade do Estado, a prohibición doutros cultos e a capacidade de intervir na educación e na cultura para adecualas á moral cristiá.
  • O carácter conservador do goberno provocou malestar dentro do propio partido moderado. Estes comezaron a conspirar cos progresistas para derrocar o réxime.