Bienio progresista

Cards (5)

  • No 1854, os moderados descontentos e os progresistas protagonizaron o pronunciamento militar coñecido como A Vicalvarada (Vicálvaro, Madrid), encabezado polo xeneral O’Donell xunto con Serrano cun programa político recollido no Manifesto do Manzanares, no que se recollía a súa aspiración de reformar o sistema político. Ao mesmo tempo, protagonizáronse numerosos motíns e revoltas nas cidades a favor do cambio.
  • Sen apoios, Isabel II fixo volver a Espartero, líder progresista, e nomeouno xefe de Goberno. O’Donell foi nomeado ministro de Guerra. Convocaron Cortes e elaboraron unha nova Constitución no 1856 que non chegou a promulgarse (chamada constitución non nata). Inspirada na de 1837, recollía dereitos e liberdades, ampliaba o censo electoral e limitaba as prerrogativas da Coroa.
  • Nas actuacións deste goberno, destacaron a Lei de desamortización de 1855, realizada polo ministro Madoz, que afectou a bens comunais de concellos e outras institucións.
  • Os grandes perxudicados foron os xornaleiros e campesiños, sobre todo andaluces, que se viron privados dos recursos obtidos nas terras comunais e que non puideron acceder á compra dunha propiedade. Tamén a Lei de Ferrocarril de 1855. Eran medidas destinadas a impulsar o desenvolvemento industrial español nun contexto de atraso con respecto a Europa.
  • As diferenzas entre Espartero e O’Donell e as divisións internas dos progresistas pronto deron lugar a unha gran inestabilidade política e ministerial. Aproveitando a ocasión, no 1856 O’Donell protagonizou un novo levantamento e provocou a caída de Espartero.