A fin do reinado

Cards (5)

  • A última etapa do reinado de Isabel II estivo marcada pola alternancia no goberno de moderados, liderados por Narváez, e os unionistas de O’Donell. Este xeneral creara no 1856 un novo partido político, a Unión Liberal, na que participaban moderados progresistas e progresistas moderados, así como xefes militares, intelectuais, funcionarios e burócratas, etc. A Constitución de 1845 foi restaurada e logrouse unha gran estabilidade política, só alterada polas protestas campesiñas de Andalucía, motivadas pola desamortización de Madoz.
  • A política de O’Donell estivo encamiñada a aumentar o prestixio de España dentro de Europa, nun contexto de configuración dos imperios coloniais. Así, o estado desenvolveu iniciativas imperialistas en lugares como Conchinchina, México ou Perú, con escaso éxito. Destaca a Guerra de Marrocos (1859-1860): poñendo como excusa disturbios entre os marroquís de Ceuta, a Unión Liberal declara a guerra Marrocos; a vitoria española supuxo vantaxes económicas e concesións territoriais.
  • No 1866 asistese á crise do sistema: descrédito de Isabel II e malestar social xerado por unha crise industrial, financeira e de subsistencia. A partir deste ano, as discrepancias coa raíña provocaron a saída de O’Donell do país. Narváez foi nomeado xefe do goberno e gobernou de forma ditatorial.
  • A oposición era cada vez maior, e comezou a organizarse no exilio: progresistas, demócratas e republicanos. Dirixidos polo xeneral Prim, progresistas e demócratas asinaron xa no 1866 o Pacto de Ostende, no que acordaban unir forzas para derrocar a Isabel II; os republicanos non participaron.
  • No 1867, O’Donell morre e a Unión Liberal pasa a estar dirixida por Serrano, quen comeza a contactar coas forzas antiborbónicas de Prim para unirse ao seu pacto. No 1867, progresistas, unionistas e demócratas asinaron o Pacto de Bruselas. Pouco despois, xa no 1868, faleceu Narváez. Isabel II quedaba sen apoios.