Réxime do Estatuto Real

Cards (9)

  • Tras a morte de Fernando VII no 1833, a súa muller María Cristina converteuse na rexente do reino en nome da súa filla menor de idade, Isabel II. O desexo de asegurar os dereitos sucesorios da súa filla levoulle a buscar apoios entre os sectores máis moderados dos liberais. Mediante tímidas reformas, a rexente tentou manter as prerrogativas políticas da realeza, establecendo o réxime político do Estatuto Real.
  • Os primeiros gobernos de Mª Cristina, xunto coa concesión da amnistía que permitiu o retorno dos exiliados liberais, realizaron algunhas reformas administrativas e económicas, de acordo cos ideais moderados do liberalismo. Destaca a división provincial de 1833, realizada polo ministro Javier de Burgos, que organizou España en 49 provincias.
  • En xaneiro de 1834, a presión dos liberais obrigou a Mª Cristina destituír a Cea Bermúdez (absolutista moderado2 ) e a nomear xefe de goberno a Martínez de la Rosa, liberal aperturista. O novo goberno promulgou en abril de 1834 o Estatuto Real, unha convocatoria a Cortes na que se precisaban os trazos políticos do novo réxime.
  • Pode considerarse unha Carta Outorgada, na que a Coroa renuncia a manter a soberanía absoluta, admitindo unha ampliación da participación política en beneficio dos grandes propietarios. O sistema político establecido con este Estatuto Real era extremadamente moderado:
    • A soberanía seguía en mans do rei.
    • As Cortes, bicamerais (próceres e procuradores), estaban controladas pola rexente, que nomeaba aos membros.
    • Participación política restrinxida ao 0.15% da poboación.
    • Non recollía dereitos e liberdades individuais.
  • A maioría dos liberais considerárono insuficiente, e empregaron todos os medios posibles para substituílo por outro que recoñecese a participación política dos cidadáns.