No 1833, tras a morte de Fernando VII e a proclamación de Isabel II como raíña, producíronse en España distintos levantamentos ultrarrealistas que recoñecían como rei a Carlos Mª Isidro de Borbón. Estas proclamacións dividiron aos españois e deron lugar a unha guerra civil, a I Guerra Carlista. Nela, non só se enfrontaron carlistas vs. Isabelinos, senón que foi unha puxa por que sistema político debía prevalecer, o liberalismo ou o absolutismo.