División do liberalismo

Cards (18)

  • O triunfo da revolución fronte ao Antigo Réxime, despois da morte de Fernando VII, converteu ao liberalismo na ideoloxía política dominante. Aínda así, existiron fortes diferenzas ideolóxicas entre os seus partidarios, que se traduciron en conflitos de intereses entre os distintos grupos burgueses por controlar o poder político.
  • As diferenzas ideolóxicas xiraron, principalmente, arredor de 5 aspectos: lexitimidade e soberanía do poder; separación e exercicio do poder; recoñecemento de dereitos e liberdades; cuestión relixiosa; e organización territorial do estado. En síntese, podemos diferenciar dúas tendencias principais:
    • Liberalismo doutrinario ou conservador (1): corrente maioritaria. Xurdiu como reacción ante os excesos revolucionarios e o temor das clases altas a perder a súa posición social hexemónica ante as demandas populares. Os seus trazos ideolóxicos son os seguintes:
    1. Monarquía constitucional como forma de Estado e de goberno.
  • 2. Soberanía compartida: a fonte de poder é a nación, identificada coas súas institucións políticas históricas: a Coroa e as Cortes. Ambas representan á nación e exercen a soberanía por delegación popular.
  • 3. Restrición da participación política: os temas públicos debían ser levados polos homes máis capaces e intelixente, polo que o sufraxio debía ser censatario (só tiñan dereito aqueles que posuían un determinado nivel económico ou académico).
  • 4. Limitación dos dereitos individuais, pois para lograr a prosperidade era preciso manter a orde e a falta de restricións nos dereitos provocaba indisciplina.
  • 5. Catolicismo de estado.
  • Estes principios foron asumidos, en maior ou menor medida, polos grupos burgueses pero existiron fortes diferenzas á hora de poñelos en práctica e causaron a división dos liberais en moderados e progresistas. (2)
  • A)Moderados ou conservadores: asumiron a defensa dos principios do liberalismo doutrinario. Foron os que máis tempo ocuparon o poder e contaron co apoio dos monarcas, os notables e as clases altas e medias. Partidarios de excluír ás masas da política, impoñendo un restritivo sistema electoral.
  • B)Progresistas: liña ideolóxica ambigua. Procedían dos exaltados das Cortes de Cádiz e do Trienio liberal, pero moderáronse a partir de 1830. Aceptaron parte dos principios do liberalismo doutrinario, pero combinados coa defensa da soberanía nacional, a ampliación do sufraxio, a restrición de prerrogativas reais, maiores liberdades, etc. A súa base social estaba formada por membros da pequena burguesía, polo que tamén defenderon a aplicación de leis favorables ao desenvolvemento económico capitalista. Recurriron aos pronunciamentos como medio para chegar ao poder.
    • Liberalismo democrático(2): corrente minoritaria, xorde a mediados do século XIX. As súas bases ideolóxicas son:
    1. Soberanía popular: a fonte do poder é a nación, identificada co pobo (individuos que residen nela). De acordo con isto, o poder deriva única e exclusivamente da vontade popular, libremente expresada.
  • 2. Participación popular nas institucións de poder e goberno: todos os homes teñen dereitos políticos iguais, polo que defende o sufraxio universal masculino. Consideran que o pobo debe participar no poder xudicial, polo que se xera un sistema de xurados populares. Tamén na defensa do sistema liberal e das liberdades individuais, participando na Milicia Nacional.
  • 3. Dereitos e liberdades inalienables: dereitos inherentes á natureza humana, polo que non debe existir ningunha restrición no seu exercicio. Para garantir isto, debían estar recollidos na Constitución.
  • 4. Liberdade de cultos e separación Igrexa- Estado.
  • 5. Separación de poderes: división tripartita do poder, exercida por institucións diferenciadas e suxeitas a limitacións xurídicas e responsabilidade penal. O lexislativo depende, en exclusiva, das Cortes.
  • Estes principios foron asumidos e mesturados polas diferentes elites e clases burguesas. Os seus intereses socioeconómicos e políticos deron lugar á formación e evolución de distintos partidos políticos. Polo xeral, os principais partidos políticos estaban liderados por un espadón, un militar de alto rango, de ideoloxía liberal, que participaba en pronunciamentos e lograba exercer a xefatura do estado.