Sistema Canovista

Cards (16)

  • No 1874 baixo o goberno da 1º República temos unha España que ten que facer fronte a diversos problemas. En primeiro lugar, os propios republicanos (unionistas, federais gradúa listas e federais cantonalistas) están enfrontamos polo modelo territorial derivando en conflitos como o movemento cantonalista en Cartaxena.
  • Por outra parte, temos a III guerra carlista así como o conflito en Cuba (1868-78) que van desestabilizar a política española sucedéndose diferentes gobernos que intenten remediar esta situación. A isto debemos sumarlle o aumento das protestas e reivindicación obreiras que será o caldo de cultivo perfecto para que unha parte da sociedade española (como os militares ou conservadores) comecen a ter medio a unha desintegración de España ou revolución social.
  • Baixo este contexto, Alfonso de Borbón o 1 de decembro de 1874 fai un Manifesto á nación española (coñecida como Manifesto de Sandhurst1 ) onde se preséntase como o monarca ideal para España, respectuoso co sistema constitucional e liberal. Uns días despois, o 29 de decembro o xeneral Martínez Campos fai un pronunciamento en Sagunto pronunciándose a favor da monarquía de Alfonso XII, fillo de Isabel II. As resistencias foron escasas rematando a experiencia republicana en España.
  • Alfonso XII chegou a España en xaneiro de 1875. Con el, os Borbóns recuperaron de novo o trono español. Esta recuperación foi obra de Antonio Cánovas del Castillo, que coa axuda do xeneral Martínez Campos, conseguiu tecer unha ampla rede de apoios á causa borbónica entre os grupos burgueses e aristocráticos. Para isto, aproveitouse da crise da I República e do temor xeneralizado entre as clases acomodadas, provocado polo avance das conquistas democráticas do Sexenio.
  • O novo réxime, de acordo co pensamento de Cánovas, liberal monárquico e conservador pero pragmático, debía asegurar o trono dos Borbóns e evitar loitas violentas entre as distintas familias liberais, que ao longo de gran parte do XIX deran orixe a numerosos pronunciamentos e cambios constitucionais, polo que quería crear un réxime estable no que o exército deixara de intervir na política.
  • Na súa concepción política hai dous principios indiscutibles: a Coroa e as Cortes. A Coroa representaba a tradición e a autoridade, mentres que as Cortes representaban a liberdade e a vontade popular. Ambas contrapóñense e equilíbranse, conforman a soberanía e colaboran no exercicio do poder. A Coroa era a peza clave do sistema, a cal garantía a orde social vixente; unha vez garantido o principio monárquico hereditario e as prerrogativas políticas do rei, todo o demais podía ser obxecto de debate e discusión nas Cortes.
  • Para asegurar estes principios, Cánovas inspirouse no modelo liberal británico (monarquía constitucional e alternancia pacífica no poder de dous partidos) e deseñou un sistema baseado nos seguintes fundamentos(4):
    • A imposición da monarquía constitucional doutrinaria como forma de Estado e de goberno, como aparecía explicitamente recollido na Constitución.
    • Alternancia pacífica e de mutuo acordo entre as forzas dinásticas, agrupadas en torno a dous grandes partidos liberais: o Partido Conservador (liderado por Cánovas, no que se integraron os antigos moderados e os unionistas) e o Partido Liberal. Reciben o alcume de “dinásticos” por ser os únicos que defenderon a monarquía borbónica, polo que foron os partidos que monopolizaron o goberno durante a Restauración a través dun sistema de quenda (o chamado turnismo pactado).
    • Sistema da dobre confianza: no desempeño das súas tarefas, o goberno debía contar coa confianza do monarca, que é a preminente, e a das Cortes, o que obrigaba a ter unha maioría parlamentaria como resultado das eleccións ou ben a “fabricala” mediante a manipulación dos resultados. Na práctica, isto supoñía a modificación dos resultados mediante o fraude e a actuación dos caciques. Cando un goberno entraba nunha época de desgaste e inestabilidade, o rei quitáballe a confianza e nomeaba como presidente ao xefe da oposición.
    • Transaccionismo en materia de dereitos e liberdades. Estaban recoñecidos de forma moi xenérica. Cada goberno debía precisalos a partir de leis.
  • Esta nova ordenación política do país quedou recollida na Constitución de 1876, na que se establece un modelo político que responde a unha monarquía constitucional doutrinaria conservadora:(4)
  • A)A Coroa ten importantes prerrogativas: comparte soberanía coas Cortes, nomea libremente ao goberno, sanciona e promulga leis, ten dereito de veto, pode suspender e disolver as Cortes, exerce o mando supremo das forzas armadas e dirixe a política exterior. Estas facultades debían ser exercidas por ministros, que eran responsables ante as Cortes. O rei reina e goberna.
  • B)Cortes bicamerais, compostas polo Congreso, formado por deputados elixibles, e polo Senado, con senadores de diferente procedencia pero carácter conservador (sangue, cargo, designación real, designación parlamentaria, maiores contribuíntes do Estado). Ambas cámaras compartían a iniciativa legal co rei e non se especificaban as funcións que podían exercer para o control do goberno. O seu papel quedaba subordinado á Coroa.
  • C)Dereitos e liberdades recollidos nos artigos, pero redactados dunha forma moi xenérica, polo que eran precisas leis posteriores que os desenvolveran e regularan. Isto permitiu un tratamento diferenciado segundo as ideoloxías dos gobernos: máis restritivos cos gobernos conservadores e máis liberalizados cos gobernos liberais.
  • D)Catolicismo de estado, aínda que se recoñecía a liberdade de culto.