Fraude electoral, oligarquía e caciquismo

Cards (9)

  • A necesidade que tiñan os gobernos da Restauración de gañar as eleccións xerais e ter maioría nas Cortes provocou o falseamento permanente dos resultados electorais e o desenvolvemento dunha ampla rede de relacións e influencias, baseada na unión dos notables locais e no rexeitamento e manipulación das masas populares. O sistema funcionaba de arriba abaixo:(3)
    • Na cúspide estaba a maioría política dirixente: homes dos partidos, senadores, deputados, ministros, propietarios de medios de comunicación… Conectados, pola súa procedencia social e polas súas relacións personais e familiares, cos chamados poderes fácticos: grupos dominantes locais, homes de negocios, propietarios de fábricas e terras, etc. Todos eles forman a oligarquía dirixente, entre a cal se escollía aos candidatos.
    • Nun nivel intermedio estaba o gobernador civil que, baixo a orde do ministro da Gobernación, colabora na elaboración do encasillado. Para que os resultados electorais fosen segundo o previsto debían colaborar os alcaldes (nomeados polo goberno e encargados de desenvolver o proceso electoral) e a Garda Civil (encargada de manter a orde e reprimir as accións dos opositores).
    • Na base desta pirámide estaba o cacique local: personaxe que exercía grande influencia sobre as autoridades e os veciños dunha comarca ou territorio, sobre todo rural, e que empregaba esta influencia en servicio do candidato do goberno.
  • A manipulación iniciábase xa coa distribución das circunscricións electorais. A lei electoral de 1878 estableceu dous tipos de unidades electorais: os distritos uninominais que abarcaban as zonas rurais e semi-rurais (elixían un deputado) e as circunscricións urbanas (capitais de provincia ou grandes cidades coas vilas próximas, que escollían entre 3 e 8 deputados en función da poboación).
  • Deste xeito, os electores urbanos quedaban superados polo voto do rural, facilmente manipulable polos caciques e terratenentes. Para isto, empregábanse métodos variados: modificación do censo electoral, resurrección de mortos, falsificación de identidades, compra de votos, coaccións, encarceramento dos “revoltosos”, pucheirazos, etc.
  • O control caciquil foi básico para o funcionamento da quenda pacífica dos partidos, xa que o dominio que exercían sobre a maioría dos votantes permitía “fabricar” resultados electorais á medida do partido que acababa de conseguir o poder co beneplácito do rei, que así podía lograr tamén a confianza das Cortes.
  • O reparto de votos aproximado era un 65% para o partido no poder e un 25% para o partido na oposición, o resto iba para os partidos non dinásticos. Nalgúns casos, a forza do caciquismo permitía que moitos distritos fosen sempre controlados por políticos da mesma familia (distritos enfeudados, por exemplo Montero Ríos en Santiago de Compostela).
  • En síntese, o réxime político dominante durante a Restauración foi a monarquía constitucional doutrinaria, favorable aos intereses sociais, económicos e políticos das clases burguesas e aristocráticas. A maioría do país quedou fóra dun sistema político corrupto, oligárquico e pseudoparlamentario, no que o caciquismo constituía a verdadeira estrutura político-administrativa dos gobernos locais, provinciais e nacionais.