Cards (11)

  • Tanto Cánovas (líder do Partido Conservador) coma Sagasta (líder do Partido Liberal) aceptaron e defenderon dous principios básicos: que o poder non podía quedar en mans dunha única forza política e que o cambio no goberno non podía quedar ao arbitrio dunhas eleccións.
  • Así iniciábase o sistema da quenda pacífica no poder dos dous partidos dinásticos: cando o partido no goberno sufría desgaste, o rei cesábao e nomeaba como presidente do goberno ao xefe da oposición.
  • Como necesitaba apoio parlamentario, o rei disolvía as Cortes e convocábanse novas eleccións, que necesariamente gañaba o partido do novo presidente do goberno. Deste modo, entre 1875 e 1902 alternáronse no goberno Cánovas e Sagasta(2):
    • 1875-1881: goberno do Partido Conservador de Cánovas. Elaboración da Constitución de 1876 e de lexislación para o novo sistema. Esta lexislación tivo un carácter restritivo en canto aos dereitos e liberdades: nova lei electoral de 1878 (restrinxía o sufraxio ao 4,5% da poboación) e nova lei de concellos de 1877 (eliminou a elección popular dos alcaldes, agora designados polo goberno central nas cidades e polo gobernador civíl no rural). Tamén se restrinxe a liberdade de imprenta e se eliminan os dereitos de asociación e reunión, recollidos por primeira vez na Constitución de 1869.
    • 1881-1883: Sagasta consigue ser nomeado presidente do goberno e comeza a quenda pacífica. Co goberno do Partido Liberal iniciouse un certo aperturismo do réxime: nova lei de imprenta, legalización dos partidos republicanos e inicio da lexislación laboral para ofrecer coberturas a un crecente proletariado. A axitación social provocada polas súas medidas fixo que no 1884 o rei confiase de novo o goberno a Cánovas.
  • A finais de 1885, Afonso XII falecía con 28 anos (1857-1885), vítima de tuberculose. Esta morte prematura provocou unha grande incerteza, pois a súa viúva, Mª Cristina de Habsburgo, coa que xa tiña dúas fillas mulleres, estaba embarazada.
  • Ante esta situación, os líderes dos partidos dinásticos asinaron o Pacto do Pardo (1885), no cal se comprometían a garantir a vixencia do réxime e do sistema de quenda e tamén a retrasar a proclamación do herdeiro, esperando que o fillo póstumo fose un varón. Para selar o pacto, Cánovas cedía o goberno.
  • No 1886 nacía Afonso XIII. Ata a súa maioría de idade exerceu a rexencia a súa nai, Mª Cristina de Habsburgo, que interviu pouco na vida política(2):
  • A)1885-1890: goberno do Partido Liberal de Sagasta. A estabilidade do momento permitiu introducir importantes reformas, entre as que destacaron a Lei de asociacións (1887, grazas á cal se legalizaron as organizacións obreiras) e a Lei do sufraxio universal masculino (1890, maiores de 25).
  • B)1890-1902: quenda entre ambos partidos. O establecemento do sufraxio universal masculino dificultou a corruptela electoral e partidos de fóra do sistema comezaron a cobrar forza, como o PSOE ou as forzas nacionalistas vascas e catalás. ->
  • ->A conflitividade social aumentou, sendo recurrentes as folgas e protestas obreiras nas cidades e as axitacións de xornaleiros no rural. Así mesmo, xurdiron importantes organizacións obreiras de ideoloxía socialista e anarquista, que reivindicaban a alteración da orde pública con fins políticos. O asasinato de Cánovas no 1897, a mans dun anarquista, foi un duro golpe para o sistema, que inicia o século XX en desintegración.