Reorganización republicana

Cards (5)

  • Tras o fracaso da I República e o comezo da Restauración, os republicanos quedaron divididos por cuestións ideolóxicas (unitarios e federais) e persoais (enfrontamentos entre líderes). Os republicanos máis moderados, liderados por Castelar, deciden participar no sistema e intégranse no Partido Liberal, puramente monárquico. Outros, a maioría, dirixidos por Pi i Margall, Ruíz Zorrilla e Salmerón, buscaron a caída da monarquía; non obstante, as diferenzas entre eles debilitaron a súa capacidade de transformar a situación.
  • Entre 1881 e 1885, as forzas republicanas viviron un proceso de reorganización. Por unha banda, os federais (dirixidos por Pi i Margall) centraron a súa actividade en concretar o funcionamento da futura república federal, polo que no 1883 elaboraron e aprobaron proxectos constitucionais para os diferentes estados federais. O proxecto para Galicia foi aprobado no 1887 e constitúe a primeira formulación política da creación dun estado e goberno propios para Galicia, baseado na soberanía popular.
  • Pola súa parte, os republicanos progresistas, liderados por Ruíz Zorrilla e defensores da república unitaria, recurriron aos pronunciamentos para rematar ca monarquía. Non obstante, os sucesivos intentos e conspiracións fracasaron. Tiveron bastante forza en Galicia e lograron concelleiros na Coruña.
  • A morte de Afonso XII no 1885 e a aprobación do sufraxio universal no 1890 suscitaron grandes esperanzas entre os republicanos. Co obxectivo de poñer fin ao réxime monárquico, formaron distintas coalicións electorais que, debido á forza do caciquismo, só obtiveron éxitos parciais. Ademais, estas coalicións duraban pouco tempo polas discrepancias ideolóxicas entre os seus membros.
  • A comezos do século XX, desaparecidos os seus líderes históricos, os republicanos constituían un grupo minoritario nas Cortes pero que cada vez tiña máis forza e respaldo social nas cidades.