Impulsado pola derrota do 98, o rexeneracionismo foi un movemento protagonizado fundamentalmente polas clases medias. Para os membros deste movemento, os problemas de España derivaban da existencia dun estado ineficaz e dunha clase política corrupta e oligárquica, así coma dun deficiente desenvolvemento económico. Segundo eles, para mellorar o país era necesario sanear e democratizar o Estado, é dicir, rexeneralo.