Son múltiples as definicións que existen sobre o que é unha nación: comunidade política, pobo, asociación de individuos con lazos comúns…, e sobre os factores que a conforman: territorio, historia, lingua, cultura, economía, dereito, mentalidade, etc. Non obstante, todos coinciden en identificala coa patria ou terra de nacemento e en considerar que para que exista debe cumprirse un requisito mínimo: que os seus membros teñan sentimento de pertencer a ela (sentimento nacional).