4. O ferrocarril e a formación do mercado interior

Cards (11)

  • A lexislación liberal aboliu os obstáculos legais contrarios á liberdade de circulación e produción de bens (supresión dos aranceis interiores, unificación de pesos e medidas, liberdade de produción e venda...), e procurou a construción de mellores vías de comunicación para conseguir un mercado interior cada vez máis integrado.
  • A introdución en España do ferrocarril, considerado como símbolo do progreso e modernización, foi tardía. A primeira viaxe de pasaxeiros en ferrocarril tivo lugar no 1830 en Inglaterra, e non chegou a España ata 1837 coa liña La Habana-Güines e ata 1848 para que chegara á península ibérica nun pequeno tramo entre Barcelona e Mataró.
  • A Lei xeral de ferrocarrís de 1855 deseñou un trazado radial desde Madrid ata os puntos extremos da periferia para as liñas de primeira orde sen ter en conta a realidade económica de España, cun sector agrícola predominante
  • Para facilitar a construción, o Estado garantiu aos inversores privados vantaxes e subvencións, ao tempo que permitiu a importación de materias primas e maquinaria procedentes do estranxeiro. O seu financiamento realizouse con tres fontes básicas de recursos: a subvención estatal, o capital dos accionistas e o líquido dos pagos feitos polas compañías ferroviarias. En liñas xerais, o capital investido foi fundamentalmente francés (aprox. 60% a finais do XIX).
  • A orografía peninsular fixo necesario ensanchar as vías españolas, o que dificultou os enlaces coas vías europeas pero permitiu unha maior velocidade: 24h entre Madrid e Barcelona. Na construción dos trazados ferroviarios diferéncianse varias fases:
  • Antes de 1855: só se construíran 440 km de liñas ferroviarias repartidos nas zonas de Barcelona, Madrid e Asturias.
  • 1855-1865: A Lei xeral de ferrocarrís de 1855. Construción, a bo ritmo, das principais vías, grazas ao decidido apoio estatal e aos investimentos estranxeiros (especialmente franceses) así como o diñerio da desamortización de Madoz.
  • 1866-1876: paralización da construción de novas vías porque non se produciron os beneficios esperados, debido ao atraso xeral do país.
  • 1877-1895: Lei de Ferrocarril de 1877 relanzamento da construción ferroviaria realizada polas grandes compañías que explotaban as respectivas zonas de concesión do servizo (Ferrocarriles de Madrid, Zaragoza y Alicante, Caminos de Hierro del Norte, Ferrocarriles Andaluces).
  • 1896-1936: continuou a tendencia anterior, pero con moita lentitude.
  • O papel do ferrocarril no desenvolvemento económico de España é obxecto de controversia entre os historiadores. Para uns foi considerable pois, nun país con graves dificultades orográficas, permitiu a comunicación interior e facilitou o transporte de mercadorías. Para outros, os efectos foron inferiores dos que se podían esperar debido á mala política estatal que permitiu a importación de material ferroviario, con grave prexuízo para o desenvolvemento do sector siderúrxico español.