7. A sociedade do século XIX (pendente)

Cards (25)

  • O establecemento dun réxime liberal supuxo a creación dunha nova sociedade baseada na igualdade xurídica de todos os cidadáns. Poñíase fin así aos privilexios outorgados polo nacemento ou a pertenza do clero. Xa non existía a diferenciación entre privilexiados e non privilexiados e a mobilidade social xa era posible.
  • A consagración dos dereitos a todos os cidadáns foi limitada polo sufraxio censatario que subordinou a participación política e o exercicio á condición de propietario. Así, a riqueza vai condicionar as diferencias sociais e concentración do poder en mans duns poucos: as elites.
  • Por outra banda, o desenvolvemento da industrialización en España mudou as bases creando novos grupos sociais como os traballadores das fábricas (proletariado) e a consolidación da nova burguesía que porá en xaque á nobreza tradicional.
  • Nobreza : perdeu privilexios e prerrogativas fiscais e xudiciais, pero conservou, e mesmo incrementou, o seu patrimonio e mantivo unha gran influencia social e económica. En Galicia a fidalguía mantivo un importante poder social e político sobre o grupo campesiño e, en moitas ocasións, desenvolveu actitudes moi tradicionalistas participación nas partidas carlistas) e conservadores (caciquismo político). Mais a súa base economía (rendas forais) veuse moi diminuída.
  • Clero: os eclesiásticos e a Igrexa perderon privilexios e riqueza co liberalismo. Algúns adaptáronse á nova situación, pero a maioría adoptaron unha ideoloxía tradicionalista como o carlismo. Aínda así, mantiveron unha grande influencia social e ideolóxica: moitas das constitucións recoñecían a confesionalidade do Estado e o Concordato de 1851 dáballes o control cultural e educativo.
  • Burguesía: comerciantes, industriais, financeiros, funcionarios, profesionais liberais, propietarios, arrendatarios de inmobles… Grupo ascendente, beneficiado polas políticas liberais e o desenvolvemento industrial e capitalista. Conseguen o poder político e económico, pero o afán de ennobrecerse (por vía matrimonial) fixo que este grupo mantivese unha mentalidade pouco emprendedora.
  • Campesiñado: grupo máis numeroso da poboación. A principal diferencia radica na propiedade da terra: por unha banda os xornaleiros, traballadores de grandes propiedades agrícolas en mans dunha oligarquía absentista, moi abundantes en Andalucía e ameazados constantemente co paro e a fame o que explica ao seu achegamento cara postulas radicais como o anarquismo. Por outro lado, o campesiñado arrendatario a longo prazo, suxeito aos foros, que lle concedían o dominio útil e efectivo sobre unha parcela.
  • Proletariado: desenvolveuse parello á industrialización, polo que era pouco numeroso. Eran traballadores procedentes do campo e dos artesáns arruinados pola mecanización do sector. Tiveron que soportar duras condicións de traballo, polo que recurreron a organizar accións reivindicativas para lograr melloras laborais e salariais.
  • A muller apenas sufriu transformacións substantivas na súa situación no novo século. O seu papel estaba relegado do ámbito público quedando no fogar e cumprindo o rol de esposa e nai. Na literatura do século XIX popularizouse o ideal de muller vinculado co “anxo do fogar” no que as mulleres doces coidaban da casa .
  • A sociedade rexíase por estruturas patriarcais sendo estas consideradas inferiores tanto no ámbito xurídico (Código Civil2 , Penal e de Comercio) como o punto de vista social (sometemento do home) e laboral (a igual traballlo, menor salario). A isto débeselle sumar a suposta inferioridade xenética: a función reprodutora convertía á muller nun ser pasivo, inferior, incompleto e, en definitiva, un complemento do home, o ser intelixente.
  • Estas suposicións eran nas que se apoiaban para apostar por unha ensinanza baseada nos coidados (coser, cociñar...) e nunca nos estudos superiores, tal e como viñan defendendo dende xa o século XVIII ilustrados como Rousseau.
  • As mulleres de clase baixa non tiñan permitido alcanzar eses estudos tendo que traballar a partir dos 13 anos xa que ante a falta de recursos priorizábase os estudos do fillo varón. As transformacións socioeconómicas do século XIX facilitaron o acceso da muller ao traballo fóra do fogar xa que os escasos salarios dos primeiros traballadores eran insuficientes o que obriga a muller a traballar
  • No caso de contar con algún recurso as mulleres poderían aprender algún oficio. A meirande dos traballos das mulleres estaban relacionados cos coidados como o caso das criadas, nodrizas ou cociñeiras. Tamén existían outros sectores hiperfeminazados como a salga a industria téxtil ou as cigarreiras tal e como reflicte a La Tribuna de Emilia Pardo Bazán, onde estímase que traballaban entorno a un 90% de mulleres.
  • No caso dos traballos cualificados estaban vinculadas, de novo, aos coidados (perpetrando o ideal de Anxo do Fogar) como no caso da ensinanza, mais resalta a súa escasa instrución. Pouco a pouco fomentáronse escolas como a Escola Central de Mestras de Madrid. Coa Lei Moyano reguláronse os contido mais as mulleres seguían ten un contido fortemente sesgado. Concepción Arenal xa criticaba esta discriminación na ensinanza das mulleres definindo como “doma” e non “educación”.
  • Algunhas mulleres de clase media-alta e, de maneira excepcional, conseguiron ir á universidade cara finais do século XIX como foi o caso de Maria Elena Maseras Ribera ou Concepción Arenal sen obter ningunha titulación. En España as mulleres non terán permitido ser universitarias ata a súa aprobación por decreto lei o 8 de marzo de 1910.
  • Se algo había en común en todos os traballos exercidos por mulleres era a clara discriminación laboral xa que os salarios oscilaban entre un 30% e un 60 % menos cos dos homes e as súas xornadas eran frecuentemente máis longas.
  • No caso das mulleres de clase baixa os estudos non eran unha opción. As mulleres dependían do sustento dun home e cando este desaparecía (por enviuvarse, emigración...) a súa situación mudaba significativamente. É por esta razón que as mulleres eran un colectivo vulnerabel, especialmente as viúvas, as que tiñan maridos ausentes (emigrados) ou as nai solteiras.
  • Ademais, as institucións caritativas, vinculadas a Igrexa, foron perdendo peso ao mesmo tempo que perdía poder a Igrexa (desamortizacións) quedando nunha situación aínda máis precaria as persoas sen recursos, coma era o caso de moitas mulleres. Moitas delas caían na prostitución tal foi así que comezou a ser un problema en certas vilas3 onde chegaron a expandirse enfermidades venéreas como a sífilis.
  • Por este motivo, o propio Estado regulou a profesión creando Espazos de Hixiene e un Rexistro Control no Rexistro Xeral de Hixiene con médicos e espazos privados onde exercer a prostitución e Casas de Misericordias así como hospitais de sífilis.
  • Noutro lado, existían lugares as cárceres para controlar as mulleres consideradas “desviadas”, unha das máis importantes foi a Casa de Galeras en Madrid. Mulleres importantes como Concepción Arenal, visitadora de cárceres dende 1860, denunciou as duras condicións e avogaba por instruír as mulleres en oficios lucrativos que lles permitan saír da miseria.
  • Nos albores do século XX van existir voces discrepantes do rol tradicional que se lles encomendou ás mulleres e que defendan unha muller entendida como cidadá. Pouco a pouco van salientar mulleres no mundo do ensino como a galega Concepción Saíz Otero vinculada a Institucións Libre de Ensinanza4 . A través destas institucións as mulleres van ir tomando conciencia e demandando a plena igualdade legal con especial énfase no dereito ao sufraxio uníndose ás demandas de británicas, francesas ou norteamericanas.
  • Mulleres como María Lejárraga van apostar polo asociacionismo feminino como medio para acadar os seus obxectivos, rompendo así coa tradición de dar os espazos públicos aos homes. O certo é que o asociacionismo chega con retraso a España respecto a outros países sendo o seu cumio máximo na II República mais vaise ir xestando, paseniño, dende xa a Lei de Asociacións de 1887.
  • As primeiras asociacións témolas xa dende as cigarreiras como as da Coruña protagonizando accións ludistas como a de Fábrica de Tabacos de 1857. As mulleres de clase alta comezaron a organizarse en causas feministas a comezos de século coa fundación en 1905 da Junta Ibero-Americana de Cultura feminina pola marquesa de Ayerbe (María Vinyals Ferrés).
  • Non debemos esquecer que o movemento obreiro tamén vai reclamar os dereitos da muller aínda que con menos intensidade.
  • Trala 1º Guerra Mundial e seguindo o exemplo de toda Europa o movemento feminista centrado en alcanzar o sufraxio tomou aire. Así, María Espinosa de los Monteros5 e Consuelo González Ramos6 e Elisa Soriano Fisher7 fundan no 1918 a Asociación Nacional de Mulleres Españolas (ANME) formada por mulleres de clase media (mestras, escritoras, universitarias...) cuxo obxectivo será a loita política polo voto da muller. Nesta asociación estarán presentes mulleres moi activas durante a II República como Victoria Kent o Clara Campoamor.