Galiza

Cards (7)

  • En Galicia, a desamortización tivo unhas características especiais debido ao mantemento do sistema foral e á peculiar organización dos montes comunais. A maioría das terras galegas explotábanse mediante contratos de arrendamento de longa duración –os foros– que recoñecían a existencia, sobre unha mesma parcela de terra, de dereitos diferentes en mans de grupos distintos: os campesiños cultivadores, que pagaban as rendas e non podían ser expulsados da terra; a nobreza terratenente, os conventos, mosteiros e catedrais, eran os donos e titulares das terras e perceptores dunha parte das rendas.
  • A fidalguía local exercía un papel de intermediaria e cobraba a maior parte das rendas. Ao mesmo tempo, a maioría dos montes comunais non eran propiedade dos concellos, senón dos veciños das parroquias e aldeas.
  • Esta situación fixo que, na aplicación das leis desamortizadoras, resultase que:(3)
    • Que se sacou a poxa pública foron, basicamente, as rendas forais que percibían os conventos, mosteiros e catedrais; é dicir: o que vendeu o Estado foi o dereito a percibir unhas rendas e, nunha mínima proporción, a propiedade plena da terra (dos 55 millóns de reais que alcanzaron as poxas desamortizadoras, case 51 correspondían a rendas forais e 4 a bens de pleno dominio).
    • Tivo escasa importancia a desamortización dos propios11, debido ao reducido patrimonio dos concellos galegos.
    • Tamén se mantiveron os montes comunais en mans dos veciños.
  • Os campesiños conservaron os seus dereitos sobre a terra. A partir de finais do século XIX, a perda de valor das rendas forais e a presión dos agricultores fixo que estes lograsen, mediante a redención dos foros, a propiedade da terra, proceso culminado en 1926 (Lei de redención de foros).