Características e particulariedades

Cards (12)

  • A industrialización en España iniciouse a partir da década de 1830 pero o seu desenvolvemento estivo marcado por numerosas limitacións e peculiaridades:(8)
    • Escasas transformacións nos sistemas agrarios.
    • Reducida capacidade de consumo do mercado interior.
    • Lentitude nos cambios lexislativos de carácter económico: En España os cambios lexislativos foron lentos, estiveron suxeitos aos vaivéns da revolución liberal e tardaron en consolidarse, o que reflicte a débil forza da burguesía comercial e industrial.
    • Escasa mentalidade emprendedora e capitalista e preferencia por investimentos inmobiliarios ou especuladores(terras, propiedades, accións en Bolsa, débeda pública): os capitalistas españois realizaron escasos investimentos produtivos, de modo que foron os capitais estranxeiros os que dominaron as principais actividades produtoras e rendibles do país.
    • Dependencia do exterior: especialmente no que se refire a equipamento, innovacións técnicas e investimentos de capitais.
    • Falta de competitividade dos produtos españois: os altos custos de produción, provocados tanto polos obstáculos físicos e naturais (dificultade das comunicacións, deficiente calidade das terras, escasas materias primas e fontes de enerxía...) como pola falta de renovación e especialización, fixo que os produtos españois non puidesen competir no mercado mundial.
    • Protección arancelaria: como medio para defender da competencia internacional aos produtos propios. A liberdade de mercado foi obxecto de permanente debate. Aceptada para o mercado interior, no caso do mercado exterior as opinións oscilaron entre a defensa do librecambismo (liberdade completa) e do proteccionismo (medidas do Goberno para dificultar as importacións e favorecer as exportacións). En liñas xerais, a lexislación arancelaria foi proteccionista.
    • Forte desequilibrio territorial e rexional: zonas atrasadas (o interior peninsular) e focos desenvolvidos (Cataluña, País Vasco, Asturias). A localización esencialmente periférica da industria española (que é un reflexo do reparto da poboación), os desequilibrios rexionais que presenta e a inexistencia dunha capital política válida para promover o desenvolvemento económico español.
  • Estes trazos, que caracterizan o modelo de industrialización en España así como os seus progresos , foron inferiores aos dos países máis avanzados (Gran Bretaña, EE UU, Bélxica, Francia ...) e fixeron que numerosos historiadores, seguindo a Jordi Nadal, falen dun fracaso da revolución industrial en España.
  • No entanto, para Gabriel Tortella, as coincidencias con outros países mediterráneos (Italia, Portugal) permiten falar dun patrón latino de modernización caracterizado por: lentitude e tardanza nas transformacións, menor profundidade e repercusión social e desfase evolutivo, cun atraso no crecemento no século XIX e unha recuperación no XX.
  • Tamén os economistas e historiadores valoran de distinta forma a política proteccionista: para uns (Ramón Tamames), o desenvolvemento económico español foi posible grazas á existencia das taxas arancelarias; polo contrario, outros (Tortella) entenden que esta protección arancelaria atrasou o crecemento, a industrialización e a modernización, porque aseguraron os beneficios ás clases dominantes, evitando os cambios que necesariamente terían que producirse en libre competencia cos produtos estranxeiros.