Orixes e novas ideoloxías obreiras

Cards (12)

  • O desenvolvemento da industrialización, así como as transformacións no réxime de propiedade e de explotación agraria, provocaron un endurecemento das condicións de vida dos traballadores. Nas cidades, os obreiros tiveron que adaptarse ao ritmo das máquinas, e no campo, os campesiños pobres e xornaleiros quedaron sen medios de vida. Isto favoreceu unha progresiva organización destes grupos, que recurriu ao emprego da forza e da presión para reivindicar o que as leis e os patróns lles negaban.
  • A organización dos traballadores pasou por dúas fases. • Nun primeiro momento, asociáronse para reivindicar melloras puramente laborais (aumento dos salarios, redución da xornada, seguridade laboral, etc.). • Influencia das ideoloxías obreiras (anarquismo e socialismo marxista) deu lugar a unha fase de reivindicacións máis globais de transformación social.
  • O conxunto destas actividades recibe o nome de movedmento obreiro.
  • A orixe das protestas obreiras en España remóntase ás décadas de 1820 e 1830, parello ao inicio da industrialización. Ante a perda de traballos e o empeoramento das condicións laborais, os obreiros reaccionaron destruíndo fábricas e máquinas, consideradas culpables da situación. Este movemento, denominado ludismo, iniciouse en Alcoi no 1821 e en Cataluña no 1835, pero continou durante décadas como actos puntuais e de escasa planificación, materializados como actos violentos e destrutivos. Destaca o caso das tabacaleiras da Coruña no 1857.
  • Como medio máis eficaz de loita, os obreiros recurriron á folga, un abandono do traballo para tentar conseguir melloras nas condicións de traballo. Segundo os colectivos implicados, pódese diferenciar folga parcial (un sector laboral), xeral (todos os sectores) e xeral revolucionaria (ademais de peticións de carácter laboral, súmanse peticións de cambio político).
  • En canto á organización, hai que facer mención á tradición gremial, que favoreceu que os obreiros formaran asociacións para a defensa dos seus intereses. No 1839, unha lei autorizou a fundación de sociedades de socorros mutuos de obreiros, que tiñan como obxectivo loitar polas melloras laborais, pero foron prohibidas no 1844, aínda que moitas delas sobreviviron na clandestinidade. Co Sexenio Democrático viven unha época de esplandor grazas á legalidade das asociación, porén, volven á clandestinidade coa Restauración. A definitiva autorización foi no 1887, coa Lei de Asociacións de Sagasta
  • Os gobernos da Restauración foron conscientes das penurias dos traballadores e crearon a Comisión de Reformas Sociais no 1883. Foi unha institución creada para facer un diagnóstico desta situación e proponer medidas. A finalidade era apartar á clase obreira das novas doutrinas revolucionarias.
  • O informe encargado pola Comisión (1884- 85) puxo de relvo o carácter artesanal da maioría dos oficios e a hetereoxeneidade da situación socioeconómica do país. Sobre as condicións de vida, o informe indicou os baixos salarios, as amplas xornadas laborais (11h e media), a escasa hixiene, a proliferación de enfermedades e accidentes laborais, entre outras cuestións.
  • Estas organizacións obreiras estiveron fortemente influenciadas polas ideoloxías obreiras, nacidas a mediados do XIX e moi vinculadas ao proletariado:
  • Anarquismo: introducido en España no 1868 por Giuseppe Fanelli, amigo de Bakunin. Tivo grande influencia no proletariado catalán (no 1910 nace a CNT, primeiro partido anarquista) e levantino, así como nos xornaleiros andaluces. O seu obxectivo básico é a transformación revolucionaria da sociedade capitalista mediante a destrución de calquera autoridade ou poder (político, relixioso, familiar, económico...), a supresión da propiedade privada coa abolición das herdanzas e, en consecuencia, a supresión das diferenzas socioeconómicas
  • Socialismo marxista: introducido en España por Paul Lafargue, xenro de Marx, durante a súa estadía no país no 1871. Os seus obxectivos céntranse en conseguir o establecemento dunha sociedade socialista. Para isto, plantexa que a loita de clases é o medio máis eficaz para conseguir a modificación social. Estes cambios deben ser liderados polo proletariado, organizado en sindicatos e partidos políticos, co obxectivo de conquistar o poder e, pola forza, nacionalizar a propiedade privada e os medios financieiros e de produción.
  • Anarquismo e socialismo competiron polo control do movemento obreiro. As diferenzas non son só ideolóxicas, senón que tamén diferían sobre a estratexia revolucionaria a desenvolver, o que orixinou fortes tensións entre as organizacións máis representativas destas tendencias.