Andalucía

Cards (4)

  • Estas rexións teñen en común un inicio temperá industrializador no sector siderúrxico e téxtil que non tivo continuidade, polo que as súas economías tiveron que reorientarse cara á potenciación do sector agrario (aceite, vide, cítricos).
  • Os primeiros altos fornos españois creáronse a comezos da década de 1830 en Málaga (La Constancia, 182612), Marbella e Sevilla pola necesidade de ferro para os toneis nos que se exportaban os viños andaluces. A súa produción creceu durante a década de 1840, pero a partir de 1860 foron decaendo ata desaparecer debido aos elevados custos de produción (pola falta de carbón), e non puideron resistir a competencia das instalacións do norte e dos produtos estranxeiros.
  • Tamén destacou a riqueza das industrias mineiras andaluzas e murcianas (piritas, chumbo, cobre...) pero na maioría dos casos a súa explotación foi realizada, desde 1868, por empresas de capital estranxeiro (como as empresas francesas Tharsis Sulphur ou Peñarroya e a inglesa The Río Tinto Company Ltd). Vinculadas coas minería foron xurdindo, a finais do século XIX, diversas empresas de abonos químicos e explosivos.
  • En canto á industria téxtil, xa na década de 1840, creáronse empresas modernas no tecido do algodón (como La Aurora de Málaga), pero entraron en decadencia na década de 1880 por falta de competitividade; soamente sobreviviu algún sector especializado, como o das baetas de Antequera ou as las finas de Alcoi. A seda, de longa tradición en Valencia, Murcia e Granada, pasou a concentrase en Cataluña.