Asturias

Cards (5)

  • O sector clave na industrialización destas zonas foi a siderurxia, vinculada ás explotacións mineiras. En Asturias, a base do seu desenvolvemento foi a explotación masiva do carbón. Os primeiros altos fornos construíronse en 1848 (Altos Hornos de La Felguera, máis tarde ampliados coa fundación da empresa Duro-Felguera).
  • A súa proximidade ás minas de Mieres e Langreo, permitiu abaratar a produción de ferro e crear diversas industrias metalúrxicas. Presentou numeras dificultades derivadas, principalmente, da calidade do mineral (escasa capacidade calorífica, xacementos de hulla13) e do tipo de minas (soterradas). Para defender o sector aplicouse unha política proteccionista que facilitou o seu crecemento, aínda que de forma artificial.
  • No País Vasco, a industrialización xirou arredor da explotación do mineral de ferro, moi abundante e de boa calidade (minas a ceo aberto de Somorrostro, nas que en 1900 traballaban uns trece mil mineiros). A siderurxia vasca xurdiu en Bilbao en 1860 (Altos Hornos de Ibarra). Desde 1876 (tras superar as dificultades relacionadas coa terceira guerra carlista) Biscaia inicia un rendible comercio con Gran Bretaña: de Bilbao saían barcos cargados de ferro que volvían con hulla e coque (galés), sometidos a aranceis moi baixos.
  • A ría de Bilbao converteuse no maior foco siderúrxico español (en 1914 producía o 50 % do ferro e aceiro) e onde se instalaron as maiores empresas do sector (encabezadas en 1902 por Altos Hornos de Vizcaya en mans de Ybarra) . Pouco despois fundáronse novas factorías, como La Vizcaína ou Iberia. No período de 1880 a 1930, a rexión biscaína produciu máis do 50% do ferro español. O impulso siderúrxico favoreceu o reinvestimento dos capitais, grazas ao cal comezaron a desenvolverse novas industrias coma a estaleira, onde destacou a fundación no 1888 da compañía Astilleros del Nervión
  • Coa II Revolución Industrial, o aceiro rematou por substituír ao ferro. A siderúrxica reorientou a súa actividade, cunha menor dependencia do estranxeiro que foi acompañada dunha lexislación proteccionista a partir de 1891.