Galicia

Cards (3)

  • O panorama industrializador galego é máis ben pobre. Os sectores artesanais tradicionais –téxtil, curtidos, ferrería–, arruináronse pola competencia doutras zonas. O liño, a materia téxtil por excelencia na rexión, non resistiu a competencia do algodón e foi desaparecendo. En cambio, a salgadura da pesca, actividade tradicional nas rías galegas, deu lugar a unha importante industria conserveira de peixe, de rápido crecemento a partir das décadas finais do século XIX, que arrastrou tras de si a outros sectores.
  • A potenciación do sector partiu da renovación e transformación das técnicas de salgadura coa aplicación dos descubrimentos de Pasteur e Appert sobre a conservación hermética dos alimentos e a súa esterilización. A primeira fábrica de conservas foi a instalada en Oza (A Coruña) en 1841, pero o sector non cobrou importancia ata que se instalaron, xa na década de 1880, as principais fábricas nas Rías Baixas como Massó en Bueu ou a de Yáñez e Areán no Grove.
  • As conserveiras xiraban arredor da sardiña, que se convertía así na clave de todo o proceso. Cómpre tamén destacar a construción naval (estaleiros de Ferrol e de Barreras e Santo Domingo en Vigo) e o desenvolvemento, a partir de 1900, da produción hidroeléctrica aproveitando a abundancia de cursos de auga. A Coruña foi sede de Fábrica de Tabacos a cal daba emprego a máis de 4.000 mulleres lugar onde se levou a cabo unha das primerias manifestacións ludistas en Galicia