Mineria

Cards (4)

  • En canto á industria extractiva (minas), comezou a desenvolverse a partir de 1868 coa aprobación da Lei de Bases da Minaría, que buscaba liberalizar todos os recursos do país: decidiuse vender todas as minas ou o seu dominio por un período de tempo, sacando ao mercado a riqueza do subsolo. Coa Lei de Minas de 1871 as concesións mineiras adquiriron carácter perpetuo, polo que o capital estranxeiro aumentou de xeito vertixinoso. A minaría española comezou a ser obxecto da especulación, cun sistema propio dunha economía colonial que empregaba tecnificación, capital e xestión estranxeira.
  • O chumbo convertiuse no recurso extractivo fundamental. A gran demanda exterior e o achádego de ricos xacementos, próximos aos portos, posibiliaton un despegue sen precedentes; xunto a Murcia destacou Serra Nevada, con minas explotadas por compañías británicas ou francesas, como The Linares Lead.
  • A introdución da electricidade e a invención da lámpada supuxeron o aumento da demanda de cobre. En España, a actividade mineira cúprica localizouse en Huelva, arredor do xacemento de Río Tinto. No 1870, este establecemento mineiro vendeuse a mans inglesas, que pronto formaron a compañía The Río Tinto Company Ltd, encargada da construción do ferrocarril ata o porto de Huelva para facilitar a exportación mineira. Pronto se colocou á cabeza da produción mundial de cobre.
  • A explotación do mercurio, centrado na mina de Almadén e explotado pola familia Rothschild, e do ferro (núcleos andaluz e cantábrico) completaban o panorama mineiro da España do XIX.