5. A fin da monarquía: 1930- 1931

Cards (11)

  • Tras a dimisión de Primo de Rivera, Afonso XIII encargou ao xeneral Dámaso Berenguer a formación dun novo goberno. A súa pretensión era restablecer a normalidade política de acordo coa Constitución de 1876. É a chamada Ditablanda. Non obstante, a idea dunha España republicana ía tendo cada vez máis partidarios. En Galicia, en marzo de 1930, asinouse o chamado Pacto de Lestrove, polo cal se creaba a FRG (Federación Republicana Galega), na que se integraron os diferentes republicanos e algúns membros da CNT.
  • En agosto de 1930, distintas personalidades políticas ligadas ao republicanismo, socialismo e nacionalismo catalán acordaron o Pacto de San Sebastián, unha iniciativa de Alianza Republicana á que posteriormente se adheriron PSOE e UXT. Neste acordo verbal comprometíanse a:(6)
  • Derrocar a monarquía e establecer a república parlamentaria.1
  • • Garantir a liberdade política e relixiosa.2
  • • Convocar eleccións a Cortes Constituíntes.3
  • • Abrir a posibilidade do recoñecemento da autonomía política das rexións dentro da organización territorial do Estado. Isto Faríase a partir de estatutos, que serían aprobados polas Cortes.4
  • • Formar un Comité revolucionario que actuaría como goberno provisional da nova república. Este grupo comezou a preparar o alzamento xeral contra a monarquía.5
  • Desenvolver, en colaboración cos militares republicanos, intentos de sublevación.6
  • A lentitude do goberno de Berenguer para aplicar reformas democratizadoras deixou ao rei sen apoios. En decembro de 1930 tiveron lugar dous intentos de establecer a república pola forza: o primeiro foi a sublevación de Xaca, iniciada polos capitáns Galán e García-Hernández, que foron fusilados, e o segundo tivo lugar no aeródromo madrileño de Catro Ventos, protagonizado polo xeneral Queipo de Llano.
  • Ante a crecente axitación política e social, en febreiro de 1931 Berenguer foi substituído polo almirante Juan Bautista Aznar. O novo goberno decidiu convocar eleccións dun xeito gradual: primeiro municipais e despois xerais.
  • As municipais foron fixadas para o 12 de abril. Foron concibidas como un plebiscito, unha votación a favor ou en contra da Monarquía. Goberno e exército declararon que aceptarían o resultado. Aínda que no medio rural triunfaron os candidatos monárquicos, as candidaturas republicanas impuxéronse nas cidades (41 de 50 capitais de provincia), o que foi considerado como un apoio ao cambio de sistema. O 14 de abril quedou proclamada a II República.