Bienio Reformista (1931- 1933)

Cards (42)

  • As Cortes saídas das eleccións de xuño de 1931 elixiron como presidente das Cortes Republicanas a Julián Besteiro (PSOE). Durante as primeiras semanas refrendaron os proxectos reformistas elaborados polo Goberno provisional e crearon unha comisión para a elaboración da Constitución.
  • Os debates parlamentarios que orixinou a redacción da Constitución de 1931 foron moi intensos. As sesións clarificaron as posicións dos distintos grupos políticos ante as grandes cuestións da vida nacional, especialmente naqueles temas que buscaban modificar a estrutura de poder social e económico.
  • Destacou o debate sobre o sufraxio feminino, dirixido polas dúas únicas deputadas que formaban parte do Congreso: Clara Campoamor, polo PRR, e Victoria Kent, do PRRS2 . Campoamor defendeu a incorporación do sufraxio feminino na nova constitución, mentres que Kent se opuxo, argumentando que o voto feminino podería poñer en perigo a experiencia republicana (menor alfabetización, maior influencia do clero). Na posterior votación, 161 votaron a favor do sufraxio feminino e 121 en contra, a abstención foi dun 40%.
  • Aprobada en decembro de 1931, con 368 votos a favor e 89 abstencións, a Constitución3 definía España como unha república de traballadores de toda clase e como un estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e as rexións.
    • Como fórmula de goberno estableceu a República parlamentaria.
    • Poder lexislativo recaía sobre unhas Cortes unicamerais, encargadas tamén de escoller ao presidente da República para un mandato de seis anos.
    • Presidente da República: nomea/cesa ao Goberno coa confianza das Cortes + facultade disolver Cortes.
    • Poder executivo: Goberno (presidencia e os ministerios). Para poder gobernar, precisaban da confianza das Cortes e do presidente da República.
    • Poder xudicial: xuices indepedentes.
    • Os dereitos e deberes quedaban especificados no articulado do texto constitucional, que tamén recollía o matrimonio civil e o divorcio, o que complicou as relacións coa Igrexa.
    • Separación Igrexa-Estado.
    • En materia económica, establecía un modelo de economía mixta: capitalismo e intervención estatal, que provocou a oposición dos propietarios e industriais e das organizacións obreiras, que o consideraron insuficiente.
  • Xa co novo sistema constitucional en vigor, as Cortes elixiron presidente da República a Niceto Alcalá Zamora (republicano de dereitas) e xefe de Goberno a Manuel Azaña, quen tamén ocupou o cargo de Ministro de Guerra (republicano de esquerdas).
  • O obxectivo prioritario desta primeira etapa foi o reformismo do Estado a través de innovadoras leis que pretendían democratizar a política, modernizar a economía e mellorar o nivel de vida das clases baixas. En consecuencia, estas leis afectaron aos intereses das oligarquías, o que orixinou unha forte oposición a calquera cambio que alterara as estruturas sociais e económicas, ao mesmo tempo que provocou a reorganización das dereitas.
  • O exército contaba cunha serie de problemas difíciles de solucionar: unha historia chea de intervencións políticas, a escaseza de armamento moderno e un exceso de oficiais (21.000 xefes e oficiais fronte a 118.000 homes de tropa). Ante as carencias do exército español, Manuel Azaña emprendeu unha reforma con tres obxectivos básicos: eliminar o poder político dos militares, reducir o número de oficiais e aumentar a eficacia. O conxunto de medidas deron lugar á chamada Lei Azaña, que establecía:(4)
    • A esixencia do exército de xurar lealdade á República.
    • Supresión da lei de xurisdicións.
    • Reorganización interna e supresión da Academia Militar de Zaragoza, dirixida polo africanista Francisco Franco desde 1928.
    • Reubicación dos mandos militares sospeitosos de subversión contra a República.
  • Ademais, tomou a medida de “Lei do retiro da oficialidade” pola que todos os militares en activo tiñan que pormeter ao réxime concedéndolles a posbilidade de retirar co soldo íntegro se asú o desexaban. Azaña vai crear un novo corpo para ter unha forza leal á República: A Garda de Asalto, unha policía nacional republicana que debía utilizarse para controlar as manifestacións e asegurar a orde pública nas ciudades.
  • Esta lei xerou resentimento entre a clase militar (sobre todos nos africanistas), agravado pola política descentralizadora da República, considerada como un perigo para a integridade da patria. Isto vai dar lugar ao intento de golpe de estado, a Sanjurjada.
  • No 1931, España seguía a ser un país rural cun 45% de poboación agrícola, dos que case a metade eran xornaleiros, arrendatarios ou minifundistas. A propiedade da terra non experimentara transformacións desde os procesos desamortizadores do XIX, polo que o goberno republicano tratou de resolver a cuestión contando coa oposición dos terratenentes latifundistas e dos socialistas (nacionalización da terra).
  • Ante as dificultades de acordo, Largo Caballero, Ministro socialista de Traballo, desenvolveu unha serie de medidas inmediatas en lexislación laboral para tratar de aliviar a pobreza dalgunhas zonas: obrigar aos patróns a contratar xornaleiros do propio concello (Lei de Términos Municipais); obrigar aos propietarios a cultivar as súas terras (Lei de Laboreo Forzoso); prolongación automática dos contratos de arrendamento agrario; creación de xurados mixtos (Lei de Xurados Mixtos) para mediar entre as disputas obreiros-patróns; xornada de 8h no campo; protección para os traballadores.
  • En canto á reforma da propiedade da terra, tras interminables discusións, aprobánse no 1932 a Lei de Bases da Reforma Agraria, que desenvolvía medidas para favorecer o acceso do campesiñado á propiedade a Lei de intensificación de cultivos, que permitía a cesión de terras incultas aos xornaleiros.
  • Estas regulaban a redistribución da terra facultando ao Estado á expropiación e reparto de terras particulares nunha serie de supostos como a dunha parte da nobreza (Grandes de España) que non estiveran cultivadas ou a expropiación de terras incultas. Para levar a cabo iso creouse o Institutuo de Reforma Agraria o brazo económico para levar a cabo a reforma.
  • A complexidade da súa aplicación, a falta de recursos financieiros e a oposición radical dos terratenentes ralentizaron a reforma quen van apoiar aso inimigos do réxime favorecendo a unión das forzas conservadoras. Por outro lado, os campesinos quedaron decepcionadas e orientáronse cara posturas cada vez máis revolucionarias que comportaron actuacións violentas como o episodio de Casas Viejas.
  • Implementouse unha intensa actividade educativa con tres obxectivos: reducir o analfabetismo (aprox.50% total), mellorar o nivel cultural da poboación e modificar a mentalidade da poboación, formando cidadáns libres. Establecíase, polo tanto, o ensino obrigatorio, laico e gratuíto.
  • Para logralo, o Ministerio de Instrución Pública (baixo a dirección de Fernando de los Ríos e Marcelino Domingo) deseñou un programa de escolarización, que incluía a creación de numerosas escolas e a mellora da formación do profesorado. A calidade do ensino aumentou, creáronse centros de investigación (coma o CSIC), recoñeceuse a cooficialidade das linguas, etc.
  • O afán por levar a educación a todos os puntos da xeografía española motivou a aparición de experiencias como as Misións Pedagóxicas, encargadas de levar ás aldeas teatro, cine, conferencias, etc., e de A Barraca, agrupación teatral itinerante dirixida por Federico García Lorca.
  • A Constitución republicana establecía que o Estado integral republicano era compatible coa autonomía dos municipios e das rexións. As zonas con afinidades históricas, culturais e económicas podían organizarse como rexións autónomas. Para isto, debían elaborar un Estatuto de Autonomía que tiña que superar as seguintes condicións: ser proposto pola maioría de concellos, ser aprobado por 2/3 dos electores da rexión en referendo e ser aprobado polas Cortes.
  • Os cataláns iniciaron o proceso antes de aprobarse a Constitución. Unha comisión elaborou o chamado Estatuto de Nuria, por ser asinado nesta localidade. Este proxecto foi aprobado case por unanimidade polos concellos cataláns e en referendo popular (99% de votos a favor). A súa discusión nas Cortes foi lenta e polémica e, tras unha modificación, foi aprobado en setembro de 1932. Con este marco legal, Cataluña empezou a desenvolver o seu autogoberno: o primeiro presidente da Generalitat foi de ERC.
  • A Cataluña seguiulle País Vasco (1936) e Galicia. Todos estes procesos espertaron recelos e oposición entre os defensores do centralismo e, nomeadamente, entre os militares que se consideraban depositarios da unidade nacional.
  • No momento de proclamarse a República a maioría da xerarquía eclesiástica era moi conservadora, e non estaba disposta a perder o dominio ideolóxico, cultural e social que tiña dende había séculos. Fronte a ela, existía unha forte corrente anticlerical, que pedía leis restrictivas para a Igrexa e que se manifestaba en ataques violentos a igrexas e conventos, como se manifestou en maio de 1931, especialmente en Madrid e en cidades Andaluzas.
  • O goberno defendía o establecemento dun estado laico e non logrou frear a violencia anticlerical. O enfrontamento entre a Igrexa e o Estado acentuouse trala aprobación da Constitución.
  • A política de secularización levada a cabo polo goberno (“España ha dejado de ser católica”, afirmou Azaña referíndose a que a relixiosidade debía quedar limitada ás prácticas individuais) incluía medidas como: a non confesionalidade do Estado, a liberdade de cultos e a supresión do orzamento de culto e clero (vixente dende o Concordato de 1851), permitiuse o divorcio, o matrimonio civil e secularizáronse os cemiterios.
  • O temor ás ordes relixiosas pola influencia que estas tiñan a través da ensinanza levou á disolución da orde dos xesuítas e a nacionalización dos seus bens, prohibíuselles a ensinanza ás outras ordes.
  • O problema relixioso creoulle ó réxime republicano os seus maiores inimigos e protagonizou os debates mais afervoados, o que deu como resultado que unha parte dos sectores católicos da sociedade percibise esta lexislación como unha agresión á relixión.
  • Así, unha boa parte da xerarquía eclesiástica non dubidou en manifestar o seu antagonismo cara á República e en mobilizar a opinión pública na súa contra. Ante esta situación, o goberno optou por unha medida de forza e expulsou de España aos máis axitadores, como o cardeal Segura e o bispo de Vitoria. Ao aumentar o clima de tensión, incrementouse tamén a violencia esporádica (queima de conventos) dos sectores máis radicais das clases populares.
  • O reformismo do goberno de Azaña, considerado lento e insuficiente para as clases populares e radical para a oligarquía, provocou o aumento das tensións políticas e sociais.
  • O 10 de agosto de 1932, o xeneral Sanjurjo encabezou unha sublevación militar en Sevilla, contando co apoio de monárquicos, terratenentes andaluces e algúns militares (Sanjurjada). O Goberno puido controlar a situación e os participantes da Sanjurjada foron detidos e condeados. Como reacción, republicanos e socialistas aceleraron o reformismo.
  • Tamén os medianos e grandes propietarios obstaculizaron a aplicación das medidas agrarias. Isto causou desesperación entre os xornaleiros, situación que causaba tumultos e alteracións da orde pública no campo. Os sindicatos convocaban folgas e manifestacións, e incluso se produciron ocupacións ilegais de terras en Extremadura, Castela e Andalucía.
  • O acontecemento máis tráxico foron os sucesos de Casas Viejas, unha vila gaditana onde, en xaneiro de 1933, os habitantes proclamaron o comunismo libertario, colectivizaron as terras, cortaron as comunicacións e cabaron trincheiras. A represión foi violenta e sanguinaria: os campesiños sublevados foron sitiados, algúns queimados e outros fusilados sen xuízo previo.
  • Estes feitos tiveron un forte impacto na opinión pública e foron empregados polas dereitas para desprestixiar ao Goberno; tamén os revolucionarios de esquerdas se posicionaron en contra do conservadurismo e a represión de Azaña.