Revolución de Asturias: nesta rexión, a convocatoria de folga xeral deu lugar a unha intensa insurrección obreira que pretendía facerse co poder político e controlar os medios de produción. A alianza das forzas obreiras (anarquistas, socialistas, comunistas) baixo o nome de UHP (Unión de Hermanos Proletarios), permitiu que os mineiros ocuparan cuarteis da Garda Civil e dominaran parte da rexión, incluído Oviedo. Na zona ocupada, os concellos foron substituídos por comités revolucionarios e decretouse a socialización dos medios de produción.